Unións Agrarias solicita “revisar a fondo” o censo vitivinícola para evitar fraudes

Publicidade
Unións Agrarias solicita “revisar a fondo” o censo vitivinícola para evitar fraudes

Unións Agrarias solicita que se revise a fondo o censo vitivinícola de Galicia para contrastar os cupos de produción vitivinícolas vixentes coa realidade produtiva das distintas denominación de orixe, O obxectivo, segundo a organización agraria, “é acabar coa posibilidade de que existan uvas virtuais de explotacións sen actividade que dean cobertura a entrada de colleitas non amparadas”.

Esta é unhas das peticións que a organización agraria puxo de manifesto no marco da reunión mantida este mércores co director xeral de Producións Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural, José Balseiros. Do mesmo xeito, Felix Porto, responsable de Acción Externa de UUAA, trasladoulle a necesidade de poñer en marcha un rexistro público de contratos de compravenda de uva da vendima. “Na actualidade, e pese as obrigas de contratualización que establece a Lei de Cadea, moitas adegas seguen a mercar a uva sen prezo,  obrigando a asinar contratos en branco aos produtores para a posteriori establecer cotizacións e volume, o que posibilita a entrada de uva non amparada. Así, as adegas que subscriban esta obriga deberían ser primadas a hora de recibir subvencións públicas”, explica.

Unións valora positivamente a impliación da oficina de control de fraudes da Consellería de Medio Rural,

A organización agraria valora  positivamente que se intensifiquen os controis en fincas antes da vendima, pero sempre en base ao establecemento dun rendemento real que teña en conta a zona xeográfica, o sistema de produción, a variedade de uva e o marco de plantación. A este respecto, entende que uso dun rendemento liñal para toda a denominación, “pode levar á entrada de uva foránea polo burato que deixa o rendemento real sobre o rendemento teórico nalgunhas explotacións”.

Por último, Unións agarda que se intensifique o control de entrada de uva nas adegas “para evitar as tentacións de embotellar mais alá da produción real vendimada”. Neste sentido, o sindicato valora o esforzo realizado polo departamento de José González, para implicar a oficina de control de fraudes da Consellería de Medio Rural, xa que por ela pasan as entradas e saída de uvas e viño. “Porén, resulta imprescindible que se coordine de xeito eficiente o seu traballo co dos veedores dos consellos reguladores para evitar duplicidades que resten efectividade”, advirten

Finalmente, piden que que unha vez rematada a vendima, se certifique unha aprobación de colleita en todas as denominacións de orixe ligando a este dato a posterior expedición de contraetiquetas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información