Un Ribeiro, Finca Viñoa, elixido o mellor viño branco de España 2019

Publicidade
Un Ribeiro, Finca Viñoa, elixido o mellor viño branco de España 2019

O prestixioso concurso mundial “International Wine Challenge” acaba de publicar os resultados da cata do ano 2019 e un viño da Denominación de Orixe Ribeiro, Finca Viñoa, da adega do mesmo nome, proclamouse gañador do trofeo MELLOR VIÑO BRANCO DE ESPAÑA. Este máximo recoñecemento únese á Medalla de Ouro que tamén acaba de recibir no Concours Mondial de Bruxelles 2019.

Un total de 64 elaboracións diferentes do cinco denominacións galegas, obtiveron un dos galardóns en concurso de viños máis prestixioso do Reino Unido.

Finca Viñoa é un viño de parcela, que procede dunha única viña de 12 hectáreas no corazón do val de Avia, cunha altitude comprendida entre os 180 e os 380 metros, con máis de 80 terrazas para salvar o desnivel e unha magnifica localización das ladeiras con orientación ao sur. Os chans de areas graníticas e esquistos confírenlle carácter. A uva Treixadura, autóctona da comarca do Ribeiro é a que lle imprime o carácter diferenciador, único e exclusivo, as outras variedades que acompañan ao coupage son as tamén autóctonas Loureira, Godello e Albariño. Os seus 6 meses sobre lías achéganlle volume e carnosidade.

Finca Viñoa é un viño de gran equilibrio, con notas florais e froiteiras, de longa intensidade, en boca móstrase fresco e salino, de gran mineralidade, balanceado e atractivo.

Finca Viñoa comercialízase en todo o territorio nacional, expórtase a países como EEUU, Reino Unido, Irlanda, Suíza, Alemaña, Holanda, Bélxica ou Noruega entre outros.

Lista dos 64 viños galegos premiados

O International Wine Challenge que se celebra en Londres está considerado como un dos concursos de viños máis prestixiosos do mundo. Con máis de trinta edicións ás súas costas, o certame converteuse nunha referencia para o sector.

Un total de 64 elaboracións diferentes do cinco denominacións galegas, obtiveron un dos galardóns. Ademais da Finca Viñoa do 2017, destacan entre os premiados A Coroa 200 Cestos, un godello de Valdeorras, que conseguiu unha medalla de ouro.

Polo demais, dentro das medallas de prata, destacan o Martín Códax do 2018, o Mar de Frades, Finca Valiñas, o Terra de Asorei, todos da DO. Rías Baixas, ou xa na Ribeira Sacra Regina Viarum, os Pagos de Galicia na DO. Valdeorras, e no Ribeiro o Viña Costeira.

Consulta aquí a lista de viños premiados

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información