Un estudo abre a porta a mellorar a loita contra os fungos nos viñedos galegos

Ata 30 tipos de distintos de fungos de botrite e 6 de mildeu se atoparon en Galicia. O estudo abre a porta a reducir as aplicacións de fitosanitarios e a desarrollar antifúnxicos específicos para cada especie. O estudo foi financiado pola Fundación Juana de Vega.

Publicidade
Un estudo abre a porta a mellorar a loita contra os fungos nos viñedos galegos

Presentación do proxecto en rolda de prensa.

Coñecer cales son as distintas razas de fungos de mildeu, oídio e botrite, ver o seu comportamento e distribución polas cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas de Galicia e detectar cales son as variedades de vide autóctonas máis sensibles aos ataques.

Este foron os obxectivos do estudo elaborado polo Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), integrada no CSIC, e cuxos resultados foron presentados onte en Santiago de Compostela. O proxecto, de tres anos de duración, foi financiado pola Fundación Juana de Vega e dirixido por Carmen Martínez, responsable do Grupo de Viticultura da MBG.

Os tratamentos antifúnxicos concentran entre o 30 e o 40% do gasto dos viticultores galegos

Na rolda de prensa de presentación dos resultados, Carmen Martínez lembrou que “as enfermidades fúnxicas preocupan ao sector vitícola en todo o mundo, e en especial en Galicia, onde polas súas condicións de humidade, afectan con especial virulencia”.

Isto fai que “en Galicia se estime que os tratamentos fitosanitarios da uva supoñan entre o 30 e o 40% dos custos de produción, cos danos ao medioambiente e a problemática de resíduos no viño que ocasiona”.

Neste sentido, para buscar solucións a esta problemática, o proxecto “Evaluación de la virulencia de distintas poblaciones de hongos responsables del Midiu, Oidio, Botrytis en distintas denominaciones de origen gallegas” contou coa colaboración de Adegas Terras Gauda (Rías Baixas), Adegas Moure (Ribeira Sacra), Virxen de Galir (Valdeorras), Pazo Casanova (Ribeiro) e o colleiteiro Félix Estévez Cisterna (Monterrei).

Ribeira Sacra e Monterrei, onde máis esporas de fungos hai

En canto ás conclusións, Carmen Martínez, a responsable científica do estudo, salientou que “este estudo pioneiro da investigación das distintas razas de fungos na vide existentes en Galicia” permitiu detectar “ata 6 variedades distintas de fungos de mildeu e 30 de botrite, con distintos graos de agresividade, dependendo tanto da zona, da parcela, como da caste de vide”. En canto ao oidio, as mostras recollidas en Galicia pertencen todas ao biotipo B.

Así, en Monterrei e na Ribeira Sacra foi onde se atopou niveis máis altos de esporas de fungos no aire e de maior variedade, aínda que foi onde menos afectación se rexistrou na vide, debido á influencia doutros factores como a humidade ou a ventilación. Pola contra, Rías Baixas e Valdeorras presentaron o menor número de razas de fungos.

Os fungos de botrite da comarca de Monterrei, os máis agresivos

Outra conclusión do proxecto, foi que “os fungos de botrite da DO Monterrei son os máis agresivos, seguidos dos de Ribeira Sacra, afectando por igual a todas as variedades de vide autóctonas e con gran agresividade”, segundo explicou Carmen Martínez.

Ademáis, comprobouse que “dentro dun mesmo viñedo, segundo a orografía do terreo, había grandes diferencias na concentración de esporas dos distintos fungos, e que cando aumentaba a presenza de esporas de botrite diminuían as de mildeu”, asegura a directora do proxecto.

Ábrese a porta a desenvolver antifúnxicos específicos para cada raza

Dentro das aplicacións prácticas dos resultados deste estudo, a directora do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia salientou que abre a porta a unha detección precoz dos ataques de fungos sobre as viñas que permitiría racionalizar e reducir o número de tratamentos fitosanitarios. “Podemos coñecer os picos de máxima concentración de esporas no aire, e sabemos que ao cabo de 7 ou 8 días vaise producir o ataque, co que podemos mellorar a aplicación de tratamentos”, explicou Carmen Martínez. Os esporas recóllense mediante unha placa con vaselina instalada nos viñedos que logo é analizada en laboratorio mediante técnicas moleculares.

Ademáis, séntanse as bases para que a industria “desarrolle produtos antifúnxicos máis eficaces e específicos para estas razas de fungos, xa que o que temos ata agora son produtos xenéricos”.

Agora toca poñer en práctica estas medidas para mellorar o sistema de alertas fitosanitarias para o viñedo en Galicia, unha tarefa para a que os autores chamaron á implicación de Xunta, Deputacións e Consellos Reguladores.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información