Un Albariño Rías Baixas en business class no Reino Unido

Publicidade
Un Albariño Rías Baixas en business class no Reino Unido

Viño de Adega Eidos seleccionado por British Airways

Adega Eidos, unha adega de Sanxenxo amparada pola D.O. Rías Baixas e a primeira adscrita a Galicia Calidade, logrou, tras unha rigorosa selección, fornecer viño da súa colleita 2013 á British Airways en todos os seus voos de traxecto internacional e para business class. En concreto, nos voos da compañía británica serviuse un dos seus viños insignia, Eidos de Padriñán.

Esta empresa de carácter familiar, elabora viños monovarietais de recoñecido prestixio, conseguindo ano tras ano estar entre os mellores puntuados das guías especializadas como Peñin ou Wine Advocate de Robert Parker.

Cunha traxectoria de máis de 15 anos na D.O., elabora unha produción limitada de 50.000 botellas anuais para os seus tres viños: Eidos de Padriñán, Veigas de Padriñán e Contraaparede.

Concentra as súas vendas na exportación á que se destina máis do 70% da súa colleita anual, elaborada de forma case exclusiva, con uva da Parroquia de Padriñán, en Sanxenxo, coa que acentúa o nome dos seus viños, conferíndolle un marcado carácter atlántico. Para iso, Adegas Eidos colabora con máis de 30 viticultores locais que a abastecen completando a súa produción propia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información