Túnel do viño da DO Monterrei en Ourense

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei celebra hoxe mércores 9 un túnel do viño en Ourense en colaboración co establecemento Queixería RS Delicatessen. O evento, que se celebrará a partir das 21 horas e ata as 22.30 horas, oriéntase a profesionais do sector da cidade de Ourense (hosteleiros, sumilleres, bloggers gastronómicos, distribuidores, prensa, docentes e alumnos de escolas de hostelería).

A actividade incluirá explicacións sobre as variedades de uva e tipoloxías de viño da denominación, e poderanse degustar tanto viños tintos como brancos das 23 adegas da DO Monterrei.

As persoas interesadas en asistir deben confirmar a asistencia no teléfono 628-240.488 ou no e-mail [email protected]

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información