Taller de enoturismo en Monterrei

Publicidade
Publicidade
Taller de enoturismo en Monterrei

Visitas turísticas nun viñedo. / Arquivo.

Data inicio: 24/10/2018
Data fin: 24/10/2018
Lugar: Verín, Ourense.

A Ruta do Viño Monterrei e o Clúster de Turismo de Galicia organizan un taller de enoturismo o próximo mércores 24 de outubro en Verín. A actividade, que leva por título ‘Enoturismo como factor de desenvolvemento, Galicia como enodestino’, será impartida polo consultor especializado David Mora en horario de 9.30 a 14.30 e de 16 a 19 horas. A xornada dividirase en dous bloques temáticos: creación de experiencias enoturísticas e comercialización das mesmas.

As prazas para participar no taller son limitadas e deben formalizarse a través da web do Clúster de Turismo de Galicia.

A presidenta da Ruta do Viño Monterrei, Lara da Silva, incide no potencial que presenta a comarca para o enoturismo. “Estas iniciativas formativas contribúen a avalar a nosa aposta polo enoturismo, xa que contamos con recursos suficientes, como rutas por adegas, lagares rupestres milenarios e historias propias, como pode ser a lenda da chegada da vide á comarca” -destaca a presidenta da Ruta, Lara da Silva-. “Estas accións sentan as bases para que os nosos asociados poidan aproveitar a riqueza dos nosos recursos como elemento diferenciador a nivel comercial”.

O taller de enoturismo que se celebrará en Verín enmárcase no programa formativo do Clúster de Turismo de Galicia, que oferta unha vintena de accións en toda a comunidade, entre as que se atopan cursos sobre marketing dixital, excelencia no servizo de atención ó cliente ou habilidades de comunicación e xestión de conflictos, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información