Situación e coidados das viñas durante esta semana

Información da Xunta e da Estación Fitopatolóxica do Areeiro sobre o estado fitosanitario das viñas e os coidados que se recomendan.

Publicidade
Situación e coidados das viñas durante esta semana

Síntomas de mildeu. Autor: Estación do Areeiro

D.O. Rías Baixas:

Estado fenoloxía: K – L

Mildeu
A situación observada nas nosas parcelas de seguimento nesta semana foi idéntica en todas elas: ausencia de síntomas da enfermidade nas plantas tratadas e algunhas manchas novas e antigas con esporulación nas testemuña que se manteñen sen tratamentos, sen dúbida debido ás condicións ambientais antes mencionadas. A ausencia de sintomatoloxía nos terreos tratados coincide coa información dos técnicos e viticultores cos cales falamos.

Por este motivo, en xeral non é necesario tratar pero de momento aínda se recomenda manter a vixilancia, especialmente naqueles terreos en que finalizase ou estea próximo a concluír o período de protección teórico do tratamento anterior.

Oidio
Nesta semana non observamos novos síntomas máis que nas plantas testemuña, e non de todas as bisbarras (na maioría dos viñedos aplicouse un tratamento). Aínda así, continúa habendo néboas nalgúns vales e tamén a presenza de nubes favorecen o desenvolvemento do fungo, polo que se recomenda manter a vixilancia.

Botrite
Este ano, e en xeral, as uvas están moi sas e carentes de feridas (ou rachados fisiolóxicos como o ano pasado) neste momento da campaña, polo que non son proclives ás infeccións por este fungo. Tampouco as condicións climáticas lle son favorables. Por este motivo non é necesario tratar, pero naquelas variedades que todos os anos sofren fortes ataques si pódese aplicar un tratamento preventivo antes de que se xeneralice o peche do acio.

Ácaros
En xeral a incidencia de ácaros é limitada nesta campaña. Onde detectaramos poboacións, nesta semana non notamos variación ningunha. Recorden que non se debe tratar a menos que se teña a seguridade de que hai ácaros fitófagos para non prexudicar aos ácaros útiles fitoseidos.

Alteracións de madeira
Están a aparecer as primeiras plantas con síntomas que apuntan a estas enfermidades. Recorden que convén marcalas para o seu tratamento diferencial no momento da poda. Viñedo – D.O. Ribeiro

Viñedo – D.O. Ribeiro

Estado fenolóxico medio:
L (peche do acio) en todas as variedades máis representativas. Treixadura, Godello, Mencía, Xerez e Alacante.

Coidados culturais:
Continúase coa eliminación dos netos e follas a carón dos acios para facilitar a entrada dos produtos fitosanitarios e unha boa aireación a altura dos acios.

Incidencias fitopatolóxicas:
As condicións climatolóxicas estables non están propiciando a incidencia de enfermidades, tampouco de Oídio, que no estado fenolóxico actual é moi sensible.

Recomendacións
Manter a vixianza do viñedo e si cambian as condicións metereolóxicas, por si é necesaria unha intervención fitosanitaria.

Viñedo – D.O. Monterrei

Estado fenolóxico:
K – L (uva tamaño chícharo- peche de acio) nas variedades mais representativas da denominación: Godello, Treixadura e Mencía.

Coidados culturais:
Seguen sendo necesarias as operacións de esfollado, desnetado e despuntado na vexetación dos viñedos.

Incidencias fitopatolóxicas:
Debido as condicións climatolóxicas que se veñen dando nesta semana, con temperaturas moi altas, non se observas apeas síntomas de enfermidades. Entre as pragas tampouco se detectan poboacións que alcancen niveis de control.

Recomendacións:
Manter o control fitosanitario preventivo de mildeu coa aplicación de funxicidas de acción penetrante ou de fixación ás ceras cuticulares, con unha cadencia dende o anterior de dúas semanas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información