Santiago acollerá en abril a 15 dos mellores novos talentos da viticultura

Viñerón 2017 reunirá na Cidade da Cultura a 15 dos mellores novos talentos do mundo do viño. A feira, organizada polo Instituto Galego do Viño, celebrarase en Santiago do 1 ao 15 de abril.

Publicidade
Santiago acollerá en abril a 15 dos mellores novos talentos da viticultura

Edición anterior de Viñerón

O Instituto Galego do Viño (Ingavi) pon en marcha o Viñerón 2017, unha feira vitivinícola creada para satisfacer as demandas dos apaixonados do viño, mediante o encontro directo entre 15 dos mellores viticultores novos.

A terceira edición deste encontro vitivinícola celebrarase o próximo 1 de abril de 2017 no Edificio Cinc da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Viñerón 2017 preséntase como unha reunión desenfadada entre viticultores e entusiastas do viño, profesionais do sector hostaleiro, agroalimentario e turístico, así como bloggers e medios de comunicación especializados, desexosos todos, por coñecer os traballos que están a destacar no mundo do viño, catalos e levar algunha botella a casa.

O obxectivo deste evento é axudar a difundir o traballo de produtores emerxentes que aínda non son moi coñecidos no mercado pero que elaboran uns viños que merecen un especial recoñecemento. Os 15 Viñeróns seleccionados para participar nesta edición serán dados a coñecer nos próximos días.

Os asistentes poderán gozar dunha experiencia multisensorial que combina: feira de viños, na que se poderá catar e comprar viño directamente aos Viñeroóns; música en directo, a cargo de artistas como Pepe Solla, Juanjo Figueroa, Nico Pastoriza e Eladio dos Santos; e street food, ofrecida por unha selección de food trucks cunha proposta gastronómica tan coidada como nova.

As entradas poderanse adquirir na páxina web do evento (vineron.es) cun desconto do 20% por compra anticipada ata o 20 de marzo. Despois desta data o prezo de compra será de 15 € a entrada individual e 25 € a entrada dobre.

Lugar de reunión de produtores emerxentes

En relación ao nome do evento, o director do Ingavi, Xoán Cannas, comenta que «Viñerón ou Vigneron é a palabra que mellor representa aos artesáns do viño», «e o obxectivo desta feira non é outro que axudar a difundir o traballo dos novos talentos da viticultura», apostila.

Pola súa banda, o xerente do Ingavi, Jorge Vila, apunta que o perfil dos Viñeróns fai que o público ao que vai dirixido sexan persoas de todas as idades con interese polos viños diferentes, os viños con alma. «Parécenos moi importante ver a tanta xente nova con curiosidade por coñecer o que está a pasar no mundo do viño, xa que eles son os futuros consumidores e os mellores transmisores da cultura do viño».

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información