Sae ao mercado un vinagre artesanal de Galicia

Publicidade
Sae ao mercado un vinagre artesanal de Galicia

Albarro XP I, é o primeiro dos tres tipos de vinagres aromatizados que a empresa Vinagres do Ribeiro S.l. sacará ao mercado esta semana.

Albarro XP I, é o primeiro dos tres tipos de vinagres aromatizados que a empresa Vinagres do Ribeiro S.l. sacará ao mercado esta semana.

Dende a empresa destacan que “son vinagres elaborados mediante métodos artesanais de cultivo superficial, adaptando o método Orleáns, nun proceso lento, que os dota dunhas características organolépticas especiais”. Están elaborados a partir de viños adquiridos en adegas amparadas na Denominación de Orixe Ribeiro, e aromatizados con diversas plantas, segundo cada tipo.

Ademais, destacan que non están sometidos a ningún proceso de estabilizado ou sulfitado, “polo que calquera reacción en garrafa co paso do tempo é a mellor garantía de ser un vinagre natural”.

“Albarro XP I”, é un vinagre de viño branco aromatizado con loureiro, de cor ámbar e con reflexos dourados. Equilibrado en nariz con intensidade aromática, as notas ácidas predominantes conxugan elegantemente coas notasflorais.

Vinagres do Ribeiro s.l. está a experimentar tamén con vinagres elaborados a partir de uvas de cultivo directo e cun vinagre balsámico que se comercializaría non antes de tres anos.

Tamén desde Vinagres do Ribeiro s.l. se está a promover un estudo sobor da diversidade de bacterias autóctonas asociadas a acetificación espontánea a partir de uvas de cultivo directo, para o cal se está en proceso de busca de financiamento.

Unha empresa froito de 6 anos de experimentación

Vinagres do Ribeiro s.l. constituíse en marzo deste ano para producir e comercializar os vinagres froito do traballo de experimentación de máis de seis anos do seu promotor, Xoán Pablo Lorenzo.

Nestes anos, buscouse a valoración de diversos especialistas do mundo do viño e a gastronomía. “Destacar a favorable opinión que recibiron os vinagres experimentais da asociación Vinavin de Córdoba, acreditada como comité internacional de cata de vinagres, ou na Escola Internacional de cociña “Fernando Pérez” de Valladolid”, salientan dende Vinagres do Ribeiro.

Ademais, no ano 2016 o proxecto foi seleccionado pola Fundación Juana de Vega no IV PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO AGROALIMENTARIO. Actualmente, este proxecto, foi seleccionado e está a participar no coworking “A/Em prender en Verde” da Fundación Paideia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información