Rías Baixas prevé unha vendima cun 35% máis de uva

Ata agora vendimáronse uns 11 millóns de quilos. Destacan que “o estado sanitario da uva é óptimo”

Publicidade
Rías Baixas prevé unha vendima cun 35% máis de uva

Vendimando en Rías Baixas

As adegas de Rías Baixas retoman este fin de semana as actividades de vendima de forma xeneralizada. Asi, segundo o Consello Regulador, das 170 adegas que está previsto que elaboren viño este ano xa se atopan activas 137 a día de hoxe.

Segundo as estimacións que manexa o departamento técnico da DO Rías Baixas, “prevese un incremento de entre un 35 e 40% sobre a do 2014”. Dita estimación, realizada a principios de agosto, é froito da colaboración dos técnicos das adegas implicadas na presente campaña.

As normas de vendima da DO buscan preservar a calidade da uva

Na D.O. Rías Baixas a recolección da uva por parte dos viticultores realízase de maneira gradual “a medida que a uva vai adquirindo o grao de maduración idóneo para a súa recollida”, explica Agustín Lago, director técnico do Órgano de Control e Certificación en Rías Baixas, quen lembra que unha das singularidades desta vendima é a ausencia de mecanización “para o maior coidado na conservación das uvas, a recollida do froito faise integramente a man téndose que procesar nun prazo inferior a 24 horas”. Ademais, o Regulamento obriga a que o seu transporte realícese en caixas normalizadas cunha capacidade de 20 kg.

Xa se vendimaron 11 millóns de quilos de uva, cunha estado sanitario óptimo

Ata o momento, na D.O. Rías Baixas xa se recolleron un total de 10.700.000 de quilos de uva. As variedades brancas treixadura e loureira, así como as uvas para elaborar o viño base para os espumosos de Rías Baixas, foron as máis madrugadoras.

“Á vista das condicións en que a uva está a entrar nas adegas podemos mostramos optimistas co resultado desta campaña”, afirma Agustín Lago, para quen “o estado sanitario da uva é óptimo”. As perfectas condicións sanitarias son consecuencia dun inverno e primavera secos, que influíron moi positivamente no ciclo vexetativo da planta, minimizando a incidencia das enfermidades típicas propias desta zona.

O Consello Regulador conta co apoio de 27 auditores que se responsabilizan do seguimento da vendima nas adegas, os viñedos e os transportes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información