Record de colleita da DO Monterrei

A denominación de orixe acadou 5,6 millóns de quilos de uva nesta vendima, que concluíu o 18 de outubro

Publicidade
Record de colleita da DO Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei finalizou a vendima 2019 cunha colleita histórica de 5.633.717,3 quilogramos de uva colleitados. A campaña de vendima 2019 concluíu cuns “fantásticos resultados a nivel cuantitativo e cualitativo”, indica a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, “xa que se volveu a lograr un máximo histórico, superando en 41.893,8 quilogramos a campaña 2018, até agora a máis exitosa”.

Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, colleitáronse 3.558.320,1 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 2.075.397,2 quilogramos. “O estado fitosanitario da uva foi excelente, así como as condicións climáticas durante a campaña, o que permitiu que se colleitasen as uvas de modo gradual, sendo deste xeito una das campañas máis longas da historia”, destaca a presidenta.

A campaña de vendima iniciouse o 7 de setembro, coa adega de Francisco Pérez Diéguez (Couto Mixto), e concluíu o 18 de outubro, sendo a adega Crego e Monaguillo S.L., a última en pechar o período de recolección de uva.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información