Recomendan tratar contra mildeu e oídio en viñedo e controlar a cuberta vexetal

Publicidade
Recomendan tratar contra mildeu e oídio en viñedo e controlar a cuberta vexetal

Mildiu en vide

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, emitiu este venres un aviso fitosanitario no que recomenda renovar os tratamentos contra o mildeu e odío en viñedo, así como controlar a cuberta vexetal.

Ademais, os técnicos de Areeiro lembran que as condicións climáticas desta semana provocaron un desenvolvemento excesivo da vexetación, tanto a nivel da propia viña como do chan. Neste sentido, e co fin de facilitar a aireación dos acios e de evitar retencións excesivas de humidade , recomendan “eliminar o exceso de desenvolvemento e segar a cuberta vexetal”.

Mildiu:
En canto ao Milidiu, nesta semana de clima inestable, rexistráronse novamente condicións favorables ás infeccións secundarias practicamente todos os días, polo que o nivel de risco de enfermidade segue sendo moi elevado, máis considerando o estado fenolóxico actual da viña.

Nas parcelas de Rías Baixa detectaron manchas recentes con esporulación, antigas con zona de avance, e síntomas tamén en pámpanos, peciolos de follas e acios. “Con todo -engaden- , mesmo en parcelas con elevada presenza de síntomas a nivel da vexetación, a incidencia do patóxeno en acio é comparativamente moi baixa (segundo as nosas observacións), e de feito tamén vimos leiras con ausencia total de síntomas en acio (a totalidade das nosas parcelas de seguimento do Salnés, por exemplo) e práctica ausencia de órganos vexetativos sintomáticos”.

Para os próximos días as diferentes previsións meteorolóxicas anuncian tempo seco e solleiro, polo menos ata o último fin de semana do mes, o que contribuirá a reducir o nivel de risco.

“Fronte ao Mildiu é necesario vixiar todas as parcelas”

Considerando o devandito ata agora, a recomendación dos técnicos da Estación de Areeiro é renovar os tratamentos naquelas parcelas que presenten síntomas viables. Ademais, naquelas que presenten danos importantes que non sexan controlados con esta aplicación, resultará conveniente repetir o tratamento en poucos días, pois non hai que esquecer que os sucesivos ciclos de infección desenvolvéronse rápida e repetidamente baixo as condicións ambientais rexistradas.

Por último, e debido a que o acio é extremadamente sensible ao fungo neste momento, advirten de que é imprescindible unha vixilancia periódica de todas as parcelas para frear posibles focos non controlados

Oídio:
As condicións climáticas desta semana non foron especialmente favorables ao fungo debido ás precipitacións intensas que houbo en ocasións, pero aínda así vimos o primeiro síntoma de oidio en albariño, novamente na parcela de seguimento de Castrelo (é onde ocorre esta situación nos últimos anos). Debido a que seguimos nun momento da campaña onde o acio é moi sensible, aproveitando a intervención fronte a mildiu aconséllase tamén aplicar un antioidio.

Botrite:
Nesta semana desde Areeiro aseguran que non viron síntomas en ningunha das leiras visitadas, nin tampouco nas súas parcelas de seguimento, a pesar das condicións favorables que houbo (calor máis humidade elevada durante horas).

Por outra banda, para os próximos días as previsións meteorolóxicas anuncian ausencia de precipitación e temperaturas altas ou moi altas, acompañadas por ventos do norte en ocasións polo que consideran que “de cumprirse esta previsión, non é necesario tratar neste momento, xa que o propio clima freará o desenvolvemento do fungo”.

Para limitar o avance do fungo é importante, ademais, evitar os excesos de vexetación.

Con todo, desde a Estación de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia engaden que especialmente en viñedos sensibles con exceso de vigor ou mal ventilados, recoméndase a aplicación dun atibotrítico específico aos acios recentemente callados. Materias activas rexistradas para o control da botritis: Boscalida, Ciprodinil, Ciprodinil+Fludioxinil, Dietofencarb, Fenhexamida, Fenpiramina, Folpet, Iprodiona, Mepanipirim, Metil tiofanato, Pirimetanil e Tebuconazol+Trifloxistrobin.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información