Recomendan aproveitar a vendima para marcar as cepas enfermas

Publicidade
Recomendan aproveitar a vendima para marcar as cepas enfermas

Planta con síntomas de enfermidades da madeira marcada. Foto: Estación Fitopatolóxica de Areeiro

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un aviso fitopatolóxico con recomendacións a ter en conta durante a vendima co fin de evitar contaxios de patoloxías nas viñas de cara á vindeira tempada.

O persoal técnico aconsella aproveitar que se está a traballar na contorna das plantas para detectar os brazos das cepas que amosan os primeiros síntomas de enfermidades de madeira, identificar as plantas máis afectadas, e marcar os brazos sintomáticos para actuar sobre eles durante a vindeira poda.

Así mesmo, as plantas moi afectadas -sen posibilidade de refacelas con poda- ou mortas poden eliminarse xa despois da vendima (retirando tamén as raíces), pois canto máis tempo estean na finca máis posibilidades hai de que se incremente o número de plantas enfermas na viña.

Máis información: 

Claves para detectar e tratar as enfermidades da madeira en viñedo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información