Recomendacións para o coidado do viñedo nestas datas

Publicidade
Recomendacións para o coidado do viñedo nestas datas

A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, centro dependente da Evega, ven de publicar unha serie de recomendacións sobre o estado e os coidados do viñedo na Denominación de Orixe Rías Baixas.

En canto ao estado fenolóxico, a persistencia das temperaturas medias e mínimas en valores baixos fai que esta campaña comece a brotación máis tarde do habitual. “Polo tanto, nos viñedos onde aínda non abrocharon as xemas, continúa a acumulación de horas-frío, o cal é positivo para a capacidade da futura frutificación e, na medida en que se atrase, tamén é favorable ao diminuír a probabilidade de risco por danos de xeadas”, destacan os técnicos de Ribadumia.

Ademais, con este atraso favorécese tamén unha maior homoxenidade no momento da brotación, xa que, no caso de podas longas con varas de 5-10 xemas, estas teñen tendencia a unha maior brotación apical, aínda que tamén se pode mellorar coa técnica do arqueado na poda de inverno.

Coidados culturais

Deberase rematar cos traballos de poda e retirada de sarmentos naquelas parcelas que aínda non se realizou.

As baixas temperaturas non están propiciando o desenvolvemento das herbas do solo. Aínda así, xa é necesario ir planificando esta labor. Normalmente o sistema empregado é mediante a sega, sendo o máis difundido debido ás súas vantaxes para o solo-cepa e o medio ambiente.

Nalgunhas parcelas esta labor serve tamén para triturar a madeira de poda, dándolle valor como fertilizante, pero só no caso no que estean as cepas de ese viñedo libres de enfermidades da madeira. Tamén se realiza mediante labor ou con herbicidas, normalmente de post-emerxencia, sendo neste caso non recomendable aplicalos a toda a parcela, senón localizalos ao redor das cepas ou nas liñas de cultivo, onde é máis difícil realizar as labores mecánicas.

Se non se realizou o abonado de mantemento do solo, aínda se pode aplicar, tendo en conta os resultados dos análises da fertilidade do solo. As necesidades medias dos macronutrientes son en torno a 35-50 U.F. De Nitróxeno, 30-45 U.F de Fósforo e 80-100 U.F. de Potasio.

Tamén terase que valorar a aplicación de Magnesio e Calcio, así como dos oligoelementos necesarios, no caso de ter detectado estas carencias nas campañas anteriores.

Os oligoelementos son tamén parcialmente corrixibles con abonados foliares durante o ciclo vexetativo da vide.

Incidencias fitosanitarias

En xeral, debido ao bo agostamento do viñedo na pasada campaña, a madeira de poda ten un bo aspecto fitosanitario e os síntomas en madeira de Excoriose, Mildeu, Oídio ou Botrite son, en xeral, pouco relevantes.

Sen embargo, sí foi necesario realizar máis cortes terapéuticos do habitual, co obxecto de eliminar madeira sintomática de enfermidades da madeira pertencentes ao Complexo Esca, como se recomedaba nos boletíns fitosanitarios na campaña anterior.

Recomendacións

-Comprobar o estado da maquinaria de tratamentos fitosanitarios, para, no caso de detectar avarías ou mala regulación do equipo, aplicar as medidas correctoras necesarias e poder tela lista para o momento en que comencen os tratamentos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información