Ramón do Casar, Canción de Elisa e Pazos de Albor, mellores viños Ribeiro 2015

Os restaurantes galegos con Estrela Michelín recibiron o galardón de Honra e a sumiller Gemma Vela, o Fusión Muller e Viño

Publicidade
Ramón do Casar, Canción de Elisa e Pazos de Albor, mellores viños Ribeiro 2015

Autoridades con algúns dos premiados

Máis de 300 profesionais do sector vitivinícola, de medios de comunicación e autoridades reuníronse esta mediodía na Gala da Denominación de Orixe Ribeiro que se celebrou no Eurostars Hotel Monasterio de San Clodio (Ourense).

Durante o evento entregáronse os galardóns aos mellores viños da D.O. Ribeiro, designados por un panel profesional de cata de 11 expertos, entre os que se encontraban varios representantes internacionais. O mellor viño branco de adega foi para o viño Ramón do Casar Treixadura 2014, de Adega Ramón do Casar; o mellor viño branco de colleiteiro recaeu en Canción de Elisa 2014, de Adega Dona Elisa; e o mellor viño tinto foi concedido a Pazos de Albor, do colleiteiro Alfonso Albor Rodríguez.

Premio de Honra para os restaurantes e cociñeiros galegos con Estrela Michelín

Por outra parte, o colectivo de restaurantes e cociñeiros galegos con Estrela Michelín recolleron o Premio de Honra da Denominación. Galicia conta actualmente con 12 Restaurantes Estrelas Michelín.

O destacado papel que xogan as mulleres foi subliñado coa entrega do primeiro Premio “Fusión Muller e Viño” a Gemma Vela Humanes, primeira sumiller do Hotel Ritz (Madrid) dende 1995. Trátase dunha das primeiras mulleres en exercer este oficio en España e a primeira en tomar ese rol nun hotel de cinco estrelas.

Como “Mellor tarefa de comunicación” premiouse a Susie Barrie ePeter Richards, Masters of Wine e presentadores na británica BBC; en “Mellor servizo de viño en restaurante” destacouse ao Restaurante Esteban, de Mos; o Premio “Mellor tenda” especializada – viñoteca” recaeu no espazo enocultural Vide – Vide, de Santiago de Compostela; e o galardón á “Mellor taberna-bar de viños” foi para a ourensana Vinoteca Sybaris 2.0.

O Premio Ribeiro ao mellor traballo de investigación elaborado polos alumnos do Instituto Galego do Viño (INGAVI) foi para “Historia do Ribeiro”, elaborado por Marcos Docasal, Elísabet Castro, Manuel Fernández, Francisco Chao e Alejandro Balseiro. Ademais, o IES Vilamarín recibiu o seu premio como gañador do concurso de receitas “Cociñar con Ribeiro” da Feira do Viño do Ribeiro, celebrada en maio deste ano.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información