Proxecto de investigación para garantir a orixe dos viños de Valdeorras

Proxecto de investigación para garantir a orixe dos viños de Valdeorras

Viñedo de Mencía en Valdeorras

Garantir a orixe do viño en Valdeorras é o obxectivo dun proxecto de investigación que se desenvolverá no territorio amparado e ao que a Xunta destinará un total de 99.993,27 euros.

Este proxecto liderado polo Consello Regulador, en colaboración coa Universidade de Vigo, o Ingacal e Feuga, realizarase ao longo dos tres próximos anos e contribuirá, en palabras de José Luis García Pando, presidente da D.O., “a evitar o fraude en canto á procedencia das variedades de uva que fan singulares os nosos viños”.

Efectivamente, o proxecto permitirá desenvolver un modelo de predición que posibilitará asegurar a orixe do viño, á marxe da súa etiquetaxe. “A través deste modelo tamén se daría un paso máis na optimización da trazabilidade do produto”, engade García Pando.

Así, mediante métodos científicos como a cromatografía de líquidos ou a espectofotometría de masas, os axentes implicados no desenvolvemento deste proxecto de investigación poderán analizar e diferenciar os parámetros básicos e os principais compostos volátiles do viño. Unha completa base de datos

Todo isto permitirá obter unha completa base de datos que posibilitará que se identifique e se asegure a procedencia de todos os viños valdeorreses. O traballo será realizado en tres fases: nunha primeira decidirase que mostras se tomarán e que adegas e marcas participarán na investigación, posteriormente comezará o proceso de recollida de datos e, finalmente, redactaranse as conclusións do estudo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información