Promoción da DO Monterrei en Xantar e na Feira do Cocido

Cinco adegas da denominación de orixe participan no túnel do viño da feira gastronómica Xantar, que se desenvolve desde hoxe a ata o 4 de febreiro en Expourense. O consello regulador ratifica tamén un acordo de colaboración coa Feira do Cocido de Lalín

Promoción da DO Monterrei en Xantar e na Feira do Cocido

Sesión formativa do panel de cata da DO Monterrei.

A denominación de orixe (DO) Monterrei está desenvolvendo estes días diversas accións de promoción da denominación. Cinco adegas da DO participan esta semana no túnel do viño da feira gastronómica Xantar, que se desenvolve en Expourense ata o domingo 4 de febreiro. Son Terras do Cigarrón, Franco Basalo, José Antonio Da Silva Pereira, Triay Adegas e Pazos del Rey.

A feira Xantar constitúe un escaparate para os viños ante posibles clientes (hostelería, consumidores finais) e prescriptores. Monterrei tamén estará presente no certame nos ‘showcooking’ elaborados con produtos galegos e hai prevista ademais unha cata impartida polo director técnico da denominación, Luis Miguel López.

Feira do Cocido
Por outra banda, a presidenta do consello regulador da denominación, Lara da Silva Rodríguez, vén de asinar recentemente un acordo de colaboración co Concello de Lalín para que os viños de Monterrei se sirvan oficialmente no acto central da cita gastronómica, o Cocido Solidario, que este ano se celebra a favor de Aspadeza, unha organización que traballa con persoas con discapacidade intelectual.

Entrenamento do panel de catadores
A sede da denominación de orixe Monterrei acolleu esta semana unha sesión de entrenamento destinada a formar ó panel de catadores da denominación. A sesión centrouse na descripción de aromas nos viños brancos. A actividade enmárcase nas sesións formativas que se efectúan periodicamente con obxectivo de que os catadores cumpran os requisitos da norma UNE-EN ISO/IEC 17025.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información