Primeiros síntomas de mildeu nos viñedos esta semana

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro informa de que "a nosa recomendación segue sendo a vixilancia dos viñedos, especialmente naqueles en que non se realizaron "intervencións".

Publicidade
Primeiros síntomas de mildeu nos viñedos esta semana

Vide afectada por mildeu.

Reproducimos a continuación o último aviso da Estación Fitopatolóxica do Areeiro sobre a presenza do mildeu en viñedo.

“Dende a emisión do aviso anterior rexistráronse condicións favorables algúns días. Non obstante, a día de hoxe aínda non localizamos a primeira mancha de aceite nas nosas parcelas de seguimento aínda sen tratar, nin noutras que visitamos. Tampouco nos informaron da súa aparición noutros terreos.

En realidade, o desenvolvemento acumulado do fungo do mildeu segundo Goidanich só alcanzou o 100% teórico en dúas das estacións que usamos como control (e aínda así continúa sen haber manchas), posto que a data de inicio dos cálculos (o día seguinte de haber condicións de infeccións) foi tardía e dende entón houbo noites con temperaturas baixas algúns días.

AVISO_ARREIRO_mildeu_01_05_15

Con esta situación, e considerando que as previsións meteorolóxicas continúan anunciando inestabilidade, a nosa recomendación segue sendo a vixilancia dos viñedos, especialmente naqueles en que non se realizaron intervencións, posto que nos próximos días si é de esperar que aparezan os primeiros síntomas.

Recorden que aínda que apliquen ou aplicasen unha funxicida sistémico ou penetrante, o seu período de protección se reduce en presenza de chuvias”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información