Previsións da Comisión Europea para o sector do viño ata ano 2030

Previsións da Comisión Europea para o sector do viño ata ano 2030

Viñedos da adega Ramón do Casar.

A Comisión Europea prevé para o sector do viño de aquí ao ano 2030 un consumo interno estable e un incremento das exportacións. Así se pon de manifesto no último informe da Dirección de Agricultura e de Desenvolvemento Rural da Comisión Europa en colaboración co Joint Research Centre, no que se presentan as proxeccións anuais sobre evolución da agricultura europea ata o ano 2030. Neste documento, inclúese tamén as proxeccións para o sector do viño, contando para elo coa colaboración do Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv).

As hipóteses nas que traballa a Comisión Europea e que poden condicionar a evolución do sector do viño son:

– Mantemento dun suave descenso do consumo per cápita en Europa, malia o síntomas de certa recuperación nalgúns países, ata unha media de 25 litros por persoa e ano en 2030 que, unidos a un pequeno aumento da poboación, poden supor unha gran estabilidade no consumo interno.

-Caída algo maior dos outros usos nacionais, incluíndo destilacións e produción de vinagre e vermut.

-Aumento das exportacións europeas a países terceiros (1,7% anual) ata alcanzar os 27 millóns de hectolitros, lideradas por unha maior demanda de viños embotellados tanto tranquilos como espumosos, que chegarían a representar o 71% e o 13% respectivamente do total das exportacións en 2030, fronte ao descenso relativo do viño a granel que pasaría do 17% ao 13% neeste período.

O incremento da superficie de viñedo en Europa realizarase sobre todo nas IXP e DO

-Espérase que se manteña a redución paulatina do viñedo en Europa pero a un ritmo menor que no pasado (un 0,7% anual ata a 2030 fronte ao 1% dos anos anteriores), por arranque importante de viñedo non compensado polas novas plantacións, que se realizasen maioritariamente baixo a protección dalgunha indicación xeográfica.

-Sobre esta menor superficie de viñedo, sen embargo, espéranse maiores rendementos medio (a ritmo do 0,5% anual ata os 57,6 hl/ha en 2030) con maior concentración de producións en zonas mais produtivas e pese ás limitacións de rendementos en indicacións xeográficas.

-Pero o aumento de rendemento non se cre que poida compensar suficientemente a perda de viñedo, polo que se prevé que a produción global europea manteña a súa lixeira caída do -0,2% de media anual (máis suave que a do período 23005?15 que foi de o -0,5%) ata 2030.

-As importacións espérase que medren por debaixo das exportacións (0,8% anual) e que nelas cobren maior protagonismo as realizadas a granel, que poderían alcanzar o 70% do total fronte ao 63% actual.

Con estas hipóteses, confíase dende a Comisión Europa en que o sector se manteña en equilibrio ao longo dos próximos anos, sen unha variación significativa de stocks.

Por suposto, desde os propios servizos da Comisión advirten de que proxeccións a tan longo prazo non deixan de ser un exercicio teórico que dificilmente se cumprirá tal e como foi previsto, pero serven para pór enriba dda mesa as principais tendencias posibles a nivel mundial, comparalas cas tendencias do pasado e anticipar posibles desequilibrios e, no seu caso, actuacións que se poidan corrixir.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información