Premiados na XXI Cata dos Viños da Ribeira Sacra

O Balneario de Augas Santas na localidade de Ferreira de Pantón(Lugo) vén de acoller a entrega dos premios da XXI edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra.

Publicidade
Premiados na XXI Cata dos Viños da Ribeira Sacra

O presidente do Consello Regulador cos premiados.

O Balneario de Augas Santas na localidade de Ferreira de Pantón(Lugo) vén de acoller a entrega dos premios da XXI edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra.

O panel de cata formado nesta ocasión por 10 expertos catadores tivo
que examinar un total de 65 mostras presentadas a concurso.

Os premiados por categorías foron:

Viños brancos:

Presentáronse 19 mostras e os premiados foron:

1º Premio: Peza do Rei – Adega Cachín S.C.
2º Premio: Viña Vella. S.A.T. Virxen dous Remedios
3º Premio: As Glorias – Amedo S.L.

Viños tintos:

Presentáronse 34 mostras e os premiados foron:

1º Premio: Don Bernardino – Don Bernardino S.L.
2º Premio: Malcavada – Araceli Vázquez Rodríguez
3º Premio: Val da Lenda – Víctor Manuel Rodríguez López

Viños doutras anadas

Presentáronse 12 mostras e o premiado foi

Finca Cuarta – Godello 2013 da adega Rubén Moure Fernández

O Conselo Regulador da D.O. Ribeira Sacra utilizou como premios pezas de
olaría elaboradas por Elías González, do Centro Oleiro de Gundivós, en
Sober (Lugo).

A entrega de premios foi seguida da tradicional comida que reúne a
adegueiros, persoal do CRDO Ribeira Sacra, representantes de medios de
comunicación e representantes da administración autonómica e local.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información