Pedro Ballesteros augura un gran futuro os tintos de Rías Baixas

Publicidade
Pedro Ballesteros augura un gran futuro os tintos de Rías Baixas

Pedro Ballesteros conversando con vellos viticultores

O único Master of Wine español, Pedro Ballesteros, impartiu este venres unha cata comentada de oito marcas de viños tintos amparados pola Denominación de Orixe Rías Baixas. Á cita, que se desenvolveu no Mercado Municipal das Neves, acudiron un total de 52 profesionais do sector. O secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, foron os encargados de presentar esta cita.

Durante a sesión, Pedro Ballesteros destacou en todo momento o “gran futuro dos tintos de Rías Baixas. Son viños moi diferentes, atlánticos, moi frescos, suaves en boca, de pouco grao e dunha altísima calidade”, resultando ideais para o sector de “a alta gastronomía e para aquelas persoas ás que lles gusten os viños delicados e alternativos”. Durante a cata dirixida nas Neves, o Master of Wine instou as adegas a “investigar moito, traballar e asistir a cursos especializados”, co fin de sacar o maior partido ás “variedades autóctonas tintas” da Denominación de Orixe Rías Baixas. Ademais, animoulles a “non parecerse a ninguén, xa que teñen que ser diferentes”, do mesmo xeito que os tintos que elaboran.

Tamén defendeu “a promoción deste nicho de mercado” xa que, por agora, a produción de tintos dentro desta denominación de orixe é baixa e pouco coñecida. Por iso, animou aos adegueiros para seguir traballando para mellorar os seus viños e ampliar os seus coñecementos sobre eles. “Aínda quedan uns anos moi intensos de traballo, pero estou convencido de que os tintos de Rías Baixas van ter un gran éxito entre o público ao que lle gustan os viños diferentes”, concluíu.

Cata de oito marcas

Para esta cata profesional incluída dentro da XI Festa do Tinto Rías Baixas, Pedro Ballesteros escolleu oito marcas de viño elaboradas por adegas das subzonas de Val do Salnés, O Rosal, Condado do Tea e Ribeira do Ulla. A través das explicacións do propio Master of Wine e dos adegueiros e enólogos, os asistentes tiveron a ocasión de degustar varios monovarietais das variedades Castañal, Caiño Tinto (en concreto, tres de diferentes subzonas), Loureiro Tinto e Sousón. Ademais, tamén se degustaron plurivarietais coas variedades tintas Espadeiro, Sousón e Pedral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información