Participación dos viños da DO Monterrei en sete feiras internacionais de turismo

Participación dos viños da DO Monterrei en sete feiras internacionais de turismo

Monterrei organizará catas e degustacións nas feiras ás que asista.

O Consello Regulador da denominación de orixe Monterrei ten perfiladas para o 2018 un total de sete accións promocionais en feiras internacionais de turismo, ás que acudirá da man da Axencia galega de Turismo. A participación da DO Monterrei plasmarase en cinco eventos organizados en España e noutros dous que se celebran en Francia.

A asistencia da denominación de orixe nas feiras incluirá a realización de catas e degustacións, así como a distribución de material promocional. O primeiro certame ao que acudirá Monterrei será Navartur, en Pamplona, que se inicia mañá. As seguintes feiras serán Sevatur (San Sebastián, marzo), B-travel (Barcelona, abril), Expovacaciones (Bilbao, maio), Grand Pavois (La Rochelle, Francia, setembro), Intur (Valladolid, novembro) e o Salon Nautique de Paris (París, decembro).

“A participación nestas iniciativas, promovidas desde a Axencia Galega de Turismo, ofrécelle a Monterrei e os seus viños a oportunidade de participar en feiras internacionais de turismo ás que non se acude de xeito individual”, indica a presidenta da DO Monterrei, Lara Da Silva.

sumilleres castellon monterrei

Visita da Asociación de Sumilleres de Castellón
Unha quincena de membros da Asociación de Sumilleres de Castellón visitou esta semana Monterrei para coñecer máis sobre os viños, adegas e o territorio da denominación de orixe. A expedición levantina foi recibida na sede do consello regulador e realizou visitas ás adegas Pazos del Rey, Castro de Lobarzán e Couto Mixto.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información