Os viños galegos aproveitan a recuperación do mercado inglés para expandirse

Máis do 40% do valor da produción das adegas galegas débese ás exportacións a Reino Unido e Estados Unidos segundo informou o Observatorio Español do Mercado do Viño este venres en Pontevedra

Publicidade
Os viños galegos aproveitan a recuperación do mercado inglés para expandirse

Del Rey, no centro, xunto ó resto de ponentes da xornada da D.O. Rías Baixas celebrada en Pontevedra.

As adegas galegas están a exportar en valor un 41,5% a Estados Unidos e Reino Unido. Se a isto engadimos China, a cifra sube ata o 50%. Este dato constata que o prezo medio dos viños galegos atópase por encima dos prezos medios do viño en España. Estas foron algunhas das conclusións presentadas por Rafael del Rey, director do Observatorio Español del Mercado del Vino, durante a súa participación na xornada técnica sobre mercados exteriores celebrada este venres en Pontevedra polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. 

Del Rey realizou unha radiografía da situación actual das exportacións españolas, cuxo valor está subindo. Galicia ocupa na actualidade o 12º lugar en volume e o 13º en valor do conxunto das Comunidades Autónomas. As tres primeiras comunidades por valor na categoría de viños brancos envasados son: Castela e León, Cataluña e Galicia.

Ademáis, a recuperación do mercado británico dende 2016 e o crecemento do de Estados Unidos e Alemania dende o 2014 potenciou as exportacións da Denominación Rías Baixas. Neste senso, tamén os plans promocionais desta D.O. para o presente ano pasan por países como Estados Unidos, Reino Unido, Alemania, Irlanda, Países Baixos, Xapón, México e Polonia. Tamén contemplan accións puntuais noutros países como Suiza e Canadá ou a particpación en feiras internacionais de Hong Kong e Singapur.

Conquista de novos mercados e o enoturismo

O director do OEMV tamén incideu nos retos de futuro que se lle presentan ós viños, entre os que se atopa a polarización dos mercados. Del Rey tamén afondou sobre a conquista de novos mercados, para o que insistiu que “é fundamental a promoción e captación de distribuidores”, concretou.

O experto concluiu a súa intervención destacando a importancia de mostrar o territorio ós distintos públicos extranxeiros, tanto a nivel profesional como en xeral, para conseguir seguir incrementando as ventas de viño nun mercado competitivo. Del Rey incideu na importancia de ofrecer actividades en torno ó mundo do viño. “Un mellor aproveitamento do enoturismo non só beneficia á imaxe da marca, senón a venta de viños”, insistiu o director xeral, que animou ás adegas a apostar por este tipo de accións.

Máis de 100 adegas de Rías Baixas venden ó exterior

Na actualidade, das 184 adegas adscritas a denominación Rías Baixas 103 atópanse en plans de exportación. Destas, medio cento exportan os seus viños a Estados Unidos, principal mercado internacional para os viños desta denominación con 2.468.535,50 litros no 2017. Por iso, esta xornada na que participaron unha trintena de adegas desta D.O. foron presentados os resultados da campaña de promoción en Estados Unidos así como o avance para os próximos meses.

Segundo informaron as directoras das contas Gregory+Vine, Natasja Mallory e Trish Heywood,  os resultados desta campaña de promoción 2017-2018 foron positivos e xa se apreciou no crecemento das cifras de exportación. “A xeración X e os Millenials, público ó nos diriximos, conforman un público disposto a gastar máis por un viño de calidade e a probar novas elaboracións”, destacou na presentación Natasja Mallory.

Estas campañas de promoción están encamiñadas a conseguir unha maior presencia tanto nos medios de comunicación como nas plataformas dixitais especializadas. Algunhas destas accións xa provocaron un incremento de visitas á web www.riasbaixaswines.com. Esta estratexia de contidos regulares en distintas plataformas é a que pretenden prolongar nos próximos meses complementada con actos promocionais en cidades como Nueva York, Boston, Los Ángeles, Miami ou Washington, entre outras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información