Os viños de Valdeorras farán este ano un maior esforzo de promoción

Publicidade
Os viños de Valdeorras farán este ano un maior esforzo de promoción

Pleno do Consello Regulador reunido este xoves

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras intensificará as accións promocionais dos viños da comarca neste 2019. Así o autorizou o Pleno do organismo, reunido este xoves en Vilamartín de Valdeorras por vez primeira no ano.

Entre as actividades promocionais que o C.R.D.O Valdeorras aprobou destaca a participación en Xantar 2019 (que se celebrará en febreiro en Ourense) ou no Fórum Gastronómico da Coruña (que terá lugar no mes de marzo), así como aposta en marcha de diversos eventos de marketing en cidades como Santiago de Compostela ou Barcelona, respaldados por Verema, unha das comunidades de aficionados ao viño e gastronomía máis representativas no mundo de fala hispana, con máis de 74.000 usuarios rexistrados.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, enmarca todas estas iniciativas no “espírito que rexe ao actual equipo de Goberno do organismo de situar a actividade promocional dos viños no centro da sua acción”. “Ao longo do ano –engadiu- irase completando a axenda de eventos na que imos participar como Consello Regulador”.

Convenio con Abanca

Xunto a isto, como en anos anteriores, o Pleno autorizou a sinatura dun convenio con Abanca ao abeiro de cal se ofrecerán diversos produtos e servizos financeiros a adegueiros e viticultores con xuros reducidos, así como alternativas de financiamento flexibles para favorecer o desenvolvemento da súa actividade.

Paralelamente, o Pleno tamén aprobou hoxe actualización de diferentes procedementos do organismo co fin de adaptalos ás esixencias marcadas por ENAC e que teñen que ver coa verificación de aptitude das partidas do viño, coa xestión das contraetiquetas ou coa xestión dos recursos, reclamacións e litixios, entre outros asuntos.

Finalmente, aprobouse a renovación do contrato dun membro do equipo técnico do Consello Regulador, que se incorporou ao organismo o ano pasado

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información