Os fogares españois aumentan o consumo de viño con DO e de espumosos

Publicidade

Medra o consumo de viño en alimentación en 2016 e distánciase da cervexa en facturación, poñendo así un punto de inflexión tras varios anos consecutivos de descenso no seu consumo en España.

O crecemento prodúcese grazas á boa marcha de viños con denominación de orixe, tanto tranquilos como espumosos, que incrementan as súas vendas máis en valor (+5,2%) que en volume (+0,3%), e cuns prezos medios á alza (+4,9%).

Así o reflicten os datos do panel de consumo alimentario 2016 do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e  Medio Ambiente (MAPAMA), a partir dos que elaborou un informe o Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMv). En total, alcanzáronse os 379,4  millóns de  litros por valor de 1.026,1 millóns de euros, a un prezo medio de 2,70 euros por litro.

Por produtos,son os espumosos e cava e os viños con denominación de orixe non espumosos os que lideran o crecemento do consumo nesta canle de consumo nos fogares.

En concreto, consumíronse 140,4 millóns de litros de viño tranquilo con DOP e gástaronse 560 millóns de euros neste  tipo  de produto, a un prezo medio de 3,99 euros por litro. Con respecto a 2015, rexístrase un aumento do 2% en  volume e do 5,8% en valor, o que leva a un aumento do prezo medio do 3,6%.

En canto aos espumosos e cava, aumentan un +18,6% en volume ata os 27,7 millóns de litros e un +19,9%  en  valor, ata os 145,7 millóns  de euros, grazas a un extraordinario  mes de decembro, o que supón un aumento para o prezo medio do +1,1% ata os 5,37 euros por litro (+6 céntimos).

Por último, rexístrase unha evolución negativa para os viños tranquilos sen DOP en termos de volume, cuxo consumo en alimentación cae un -3,2%  en volume, ata os 178,6 millóns  de litros, e aumenta un  0,6% en  valor, ata os 218,5 millóns de euros, coun prezo medio un 4% superior, ata os 1,22 euros por litro.

Cunha visión a máis longo prazo, con evolución das cifras desde 1999, aproveitando o peche de datos a final  de ano aínda que só relativa a datos de  consumo no  fogar, o OeMV destaca que “comprobamos que  a  facturación alcanzada en 2016 (1.026  millóns  de  euros), supón  suba do 5,2% respecto do ano anterior pero queda  aínda por debaixo das  rexistradas no período 2008 (récord con 1.132 millóns de  euros) ao  2014”.

“En volume, sen embargo e pese  á estabilidade en 2016, a caída é máis  pronunciada no medio prazo, con só un pequeno  repunte en  2007, pero continuada  desde 1999, cando  nos situabamos en 606 millóns de  litros de consumo de viño nos fogares españois”, engaden desde a Fundación OeMv.

VIÑO_FOGARES_2016

A facturación do viño distánciase da cervexa

En comparación coa cervexa, a mellora na facturación do viño o pasado ano permite distarse lixeiramente  dos 986 millóns de euros facturados por esta. As diferenzas, sen  embargo, agrándanse en termos de volume, en  prexuízo  do  viño, que se mantén estable este ano sobre os 380 millóns de litros, fronte á lixeira suba da  cervexa ata os 821 millóns, en progresión constante desde a leve caída que sufriu en 2010.

Na  canle  de  fogares,  polo  tanto o que se albisca é unha  estratexia  moi  diferenciada  entre  ambas. A cervexa gañou con claridade a  batalla da popularidade: moito  máis  volume, que superou  ao viño en  2001 cando ambos os tipos de bebida cruzáronse sobre os 530 millóns de litros,  pero que desde entón foi crecendo,  fronte á caída  do consumo de viño en volume, ata máis que dobrar actualmente os 380 millóns de litros deste.

Todo apunta a unha recuperación do consumo de viño en España

Sen  embargo, o panorama non é tan claro en termos de valor. recentes de  2016,  segundo o panel de  consumo alimentario do MAPAMA, aumenta o consumo de viño en fogares en 2016, grazas á boa marcha de viños con denominación de orixe e  espumosos e cava.

“E se temos en conta que, de acordo coas estimacións  dispoñibles, tamén  aumentou o consumo de viño en  hostalería e prevese unha lixeira mellora  nas vendas directas e online, todo apunta a unha recuperación do consumo do viño en España o pasado ano, tras frearse en anos anteriores a caída que se viña rexistrando”, conclúen desde a Fundación Observatorio Español do Mercado do Viño.

Descarga aquí o informe completo do OeMv. 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información