Os brancos e os espumosos con DO encabezan unha leve recuperación do consumo de viño en España

O Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMV) acaba de publicar un informe sobre o consumo de viño nos fogares españois. Destaca o importante incremento dos viños brancos e de espumosos con DO, mentres baixan de forma notable o consumo de licores.

Publicidade
Os brancos e os espumosos con DO encabezan unha leve recuperación do consumo de viño en España

O consumo de viño en España recupérase levemente despois de varios anos de descensos consecutivos. En concreto, no pasado mes de outubro o consumo de viño nos fogares españois creceu un 3,7% en valor e un 3,2% en volume.

Así se desprende do informe que acaba de facer público o Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMV), realizado a partir dos datos do último panel de consumo alimentario do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (Magrama) con datos ata outubro de 2015, os últimos dispoñibles.

En liñas xerais, onde máis se nota a recuperación do consumo de viño é nos viños con Denominación de Orixe, e en concreto nos viños brancos, cuxas vendas no pasado mes de outubro creceron un 15,4% en volume e un 12% en valor. Tamén experimenta un bo comportamento o mercado dos viños tintos e dos espumosos con Denominación de Orixe.

Pola contra, cae notablemente o consumo de licores con DO, máis dun 50%, e o consumo de viños sen denominación, aínda que sobe lixeiramente en outubro, acumula un descenso interanual, de outubro do 2014 a outubro de 2015, do -10% en volume e do -4,7% en valor.

Velaquí un cadro resumen da evolución do consumo de viño en España:

VALOR (millóns de euros)

VOLUME ( millóns de litros)

Outubro

Interanual

Outubro

Interanual

%

Total

%

Total

%

Total

%

Total

*Xeneral 3,70% 81 -3,60% 982 3,20% 33 -4,40% 378
Branco con DO 14,50% 9 7,30% 107 15,40% 2,6 6,80% 30
Tinto con DO 12,10% 47 7,00% 405 5,41% 9,3 1,70% 183
Viño sen DO 2,50% 22 -10,90% 244 6,40% 18,8 -4,70% 195

*Xeneral: sen contar destilados e viños espumosos

O consumo de licores cae máis dun 50% e sobe o consumo de viños espumosos e de cava

O informe do Observatorio Español do Mercado do Viño (OeMV) tamén analiza o consumo doutras bebidas como os licores con Denominación de Orixe (DO), cuxo consumo cae de forma interanual máis dun 50%, mentres que soben notablemente tanto o consumo de viños de agulla, como o de espumosos ou cava e viños gasificados.

VALOR ( millóns de euros)

VOLUME (millóns de litros)

Outubro

Interanual

Outubro

Interanual

%

Total

%

Total

%

Total

%

Total

Licores con DOP -45,40% 4,31 -49,40% 54,74 -44,05% 1,04 -52,50% 11,7
Cavas/espumosos 22,10% 6,10 5,90% 124,6 7,40% 1,27 -1,20% 23,8
Agulla con DO -14,2% 1,61 20,20% 26,9 -8,30% 0,52 33,30% 8,5

Sobe o prezo medio dos tintos con DO e baixa o dos viños sen denominación

En canto ao prezo, o informe do OeMV elaborado a partir dos datos do Magrama, confirma a tendencia á subida dos prezos medios dos viños con Denominación de Orixe, mentres seguen baixando os viños sen esta figura de protección.

PREZO MEDIO (euros)

Outubro

Interanual

%

Total

%

Total

Xeneral 0,4% 2,45 € 0,8% 2,60 €
Branco con DO -0,8% 3,57 ,, 0,3% 3,62 ,,
Tinto con DO 7,1% 3,95 ,, 4,3% 3,85 ,,
Viño sen DO -3,6% 1,23 ,, -6,5% 1,25 ,,
Cavas ou espumosos 13,7% 4,81 ,, 5,23% 4,88 ,,
Agulla con DOP -6,5% 3,12 ,, -9,8% 3,17 ,,
Licores con DOP -1,7% 4,16 ,, 6,5% 4,68 ,,

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información