Obradoiro sobre recoñecemento de atributos positivos en viños

Publicidade
Obradoiro sobre recoñecemento de atributos positivos en viños

Cata de viños / Arquivo.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), en colaboración coa DO Monterrei, organiza en Verín un obradoiro práctico titulado ‘Descriptores positivos nos viños: novos procesos de recoñecemento de atributos’. Será o martes 6 de novembro no Museo Claustro Mercedario de Verín, entre 16 e 21 horas. A actividade conta tamén co apoio da Fundación Juana de Vega.

O obxectivo do obradoiro céntrase en explicar cuestións coma as principais moléculas responsables dos atributos dos viños, así coma a súa orixe e os seus mecanismos de xeneración e permanencia no viño. Os asistentes coñecerán como se manifestan en positivo estes atributos nos viños correctos e aprenderán á detección sensorial dos atributos, identificando as moléculas responsables de cada un deles.

Durante esta sesión, está prevista a participación de Luis Butrón, presidente da Asociación Galega de Enólogos, e de José Daniel Fornos, licenciado en Ciencias Químicas que traballa na Evega.

O obradoiro técnico está destinado a un máximo de 30 participantes (membros do panel de cata dos consellos reguladores, técnicos dos consellos e das adegas, viticultores, bodegueiros e persoal investigador). As persoas interesadas na inscripción deberán formalizala antes do 4 de novembro a través da web da Evega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información