Obradoiro práctico sobre como recoñecer os atributos dos viños de Monterrei

Esta actividade, dirixida a viticultores, enólogos e personal técnico das adegas, terá lugar o vindeiro 26 de novembro pola tarde no Museo Claustro Mercedario de Verín e contará cun total de 25 prazas dispoñibles

Publicidade

monterrei estandarA Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza para o vindeiro 26 de novembro un taller práctico sobre novos procesos de recoñecemento dos atributos en viños da Denominación de Orixe Monterrei.

Esta actividade terá lugar no Museo Claustro Mercedario de Verín e contará cun total de 25 prazas en xornada de tarde. Así, ademais de coñecer en profundidade as características organolépticas dos viños amparados por esta denominación de orixe, haberá unha explicación práctica dos principais atributos do viño branco e outra do viño tinto da DO Monterrei. A finalidade é coñecer a estrutura química, a percepción e potenciación, así como novas formas de detección destes viños de calidade.

Esta xornada trata de formar e adestrar aos compoñentes dos paneis de cata oficiais das distintas denominacións de orixe, para garantir así o recoñecemento da calidade organoléptica dos produtos de calidade avalados polos distintos selos. Por iso o taller vai dirixido principalmente a viticultores, bodegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores; así como persoal investigador interesado no tema.

O taller será impartido polo director técnico da DO Monterrei, Luís Miguel López; o enxeñeiro técnico agrícola da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan Carlos Vázquez, e o presidente da Asociación Galega de Enólogas, Luís Buitrón.

O prazo de inscrición para anotarse a esta actividade remata o vindeiro 25 de novembro. Os interesados poderán consultar o programa a través da páxina oficial da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), onde tamén terán á súa disposición a folla de inscrición. As solicitudes deberán remitirse cubertas á EVEGA por fax ao número 988788099 ou mediante email á dirección de correo electrónico [email protected].

PROGRAMA COMPLETO: 

taller aromas monterrei 019taller aromas monterrei 019taller aromas monterrei 019

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información