O director da Guía Peñín salienta que “Valdeorras camiña cara a viños de excelente calidade”

O director da Guía Peñín salienta que “Valdeorras camiña cara a viños de excelente calidade”

Javier Luengo, director editorial da Guía Peñín

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras recibiu hoxe a visita de Javier Luengo, director editorial da prestixiosa Guía Peñín, co fin de catar os viños desta D.O. para a súa inclusión na próxima edición da publicación. Nunha primeira valoración das catas efectuadas, Luengo salientou que “Valdeorras camiña con paso firme na elaboración de viños de excelente calidade”.

Luengo avaliou mostras de máis 100 referencias de viños, enviadas pola práctica totalidade das adegas que conforman a D.O. No caso dos tintos catados, Luengo puxo en valor que “a colleita de 2015 de Valdeorras inclúe viños con bastante expresión”. Ademais, “posúen trazos varietais moi marcados e bocas con moita estrutura, algo que é tendencia nos mercados internacionais”. Os viños tintos de Valdeorras “están moi ben definidos” e ?”percibimos unha relevante melloría con respecto ao ano pasado”.

No caso dos brancos, o director editorial da Guía Peñín, que se desprazou ata Vilamartín de Valdeorras acompañado dun dos membros do seu equipo, Pablo Vecilla, afirmou que se percibe “un gran equilibrio entre froita e madeira”. Case todos os viños brancos catados son de 2015, aínda que tamén se testaron algúns de colleitas anteriores. “Están a axustarse o tempos de crianza en barrica, o que é moi positivo porque permite que a froita se exprese”, asegurou Luengo. Xunto a isto, as novas referencias de branco de “alta gama, con crianza sobre lías” achegan un plus diferenciador e “incorpóranse todo o máis alto dos viños da D.O.”

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información