Finca Peza do Rei

O concurso mundial de viños extremos premia con 13 medallas á Ribeira Sacra

Os viños do D.O. Ribeira Sacra recibiron 13 medallas no 26 Concurso Internacional “Mondial deas Vins Extremes” 2018, celebrado no Val d´Aosta (Italia) e que premia aos viños cultivados en condicións extremas.

Este concurso internacional organizado polo CERVIM, é o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial para viños producidos en rexións de montaña, procedentes de cultivos heroicos, cuxo obxectivo é o de promover e valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais e pola singularidade duns viños que teñen unha personalidade extraordinaria.

A edición de 2018 contou coa participación dun total de 277 produtores que presentaron a concurso 720 referencias pertencentes a 19 países de Europa, Oriente Medio e América.

O D.O. Ribeira Sacra estivo representada por un total de 58 viños dos cales obtiveron finalmente o desexado galardón 13 deles, o que supón un considerable aumento con respecto á edición anterior.

Consulta aquí a lista completa de viños premiados no “Mondial deas Vins Extremes” 2018.

Os viños con D.O. Ribeira Sacra que resultaron galardoados son os seguintes:

CATEGORIA VINOS BLANCOS:

Medalla de Oro
ALMALARGA– 2017 Alma das Donas – Pantón –
VIÑA VELLA – 2017 S.A.T. Virxen dos Remedios – O Saviñao –
MAGA – 2017 Karma do Sil S.L.U. – Monforte de Lemos

Medalla de Plata
VIÑA GAROÑA– 2017  Adegas Viña Garoña S.L. – Chantada –
CONDADO DE SEQUEIRAS BRANCO– 2017  Grupo Peago SL– Bilbao

CATEGORIA VINOS TINTOS:

Medalla de Oro
VIÑA MEZQUITA – 2017  José Manuel Vidal López – Sober –
VIA ROMANA – 2016 Adega Via Romana – Chantada

Medalla de Plata
VAL DA LENDA – 2017 Victor Manuel Rodríguez López – Sober –
ESTRELA – 2017 D´Fran, S.C. – Sober –
TEAR – 2017 Adega Tear – Sober –
SABATELIVS – 2017 Adegas e Viñedos Lareu S.L. – Chantada

CATEGORIA VINOS TINTOS AÑADAS 2015 Y ANTERIORES:

Medalla de Oro
REGINA EXPRESION– 2014 Regina Viarum S.L-– Sober

Medalla de Plata
ALMAMADRE – 2015  Alma das Donas – Pantón