Novo viño de Viña Costeira: Vía XVIII Garnacha Tintureira de cepas vellas de Valdeorras

Publicidade
Novo viño de Viña Costeira: Vía XVIII Garnacha Tintureira de cepas vellas de Valdeorras

A adega cooperativa Viña Costeira anuncia hoxe a saída ao mercado dun novo viño: o Vía XVIII Garnacha Tintureira de cepas vellas de Valdeorras.

A Vía XVIII ou Vía Nova foi vital como ruta de subministración durante o Imperio de Roma na Península Ibérica. Por aquel entón, o cultivo da vide e outras riquezas de Valdeorras conformaban un modo de vida que evolucionaría até os nosos días a través da cultura do viño.

Como homenaxe e agradecemento a semellante herdanza, Viña Costeira estrea novo viño tinto, elaborado con uva garnacha tintureira de cepas vellas, e denominado como tal, Vía XVIII. O novo produto está enmarcado na gama de Pazo de Toubes, adega de 9 hectáreas de cepas propias con elaboración artesá e tradicional e un privilexiado emprazamento.

Notas de cata e composición da Vía XVIII

O novo viño tinto de Viña Costeira, amparado pola Denominación de Orixe Valdeorras, está composto 100% por uva garnacha tintureira cepas vellas, tamén chamada Alacante Bouschet ou Henry Bouschet.

As súas notas de cata apuntan unha cor vermella granate moi intensa, de capa moi profunda e harmonía de solo e froitas maduras en nariz, con notas minerais. En boca, é un viño tinto de entrada fácil e apetecible, sen espesores pero con postgusto intenso e longo que evoca sensacións de elaboración tradicional. Cun carácter asentado e moi agradable, é untuoso ao tacto e presenta unha acidez moderada.

Elaboración, maridaxe e temperatura de servizo

O viño tinto Vía XVIII elabórase con vendima manual en caixas. O seu despalillado e estruxado é suave, con fermentación a 26º en aceiro inoxidable. Macérase de forma tradicional e coidadosamente con remontados manuais e afínase naturalmente polos fríos do inverno. O seu repouso é en tanque de aceiro.

O novo viño Costeira é un gran acompañante de patés e carnes de ave recheas ao forno. Ademais, marida moi ben con legumes estofadas, cocidos e carnes en xeral con guarnicións de fungos. É un viño ideal para facilitar a dixestión das abundantes comidas do Nadal, como o tradicional pavo ou cordeiro. A súa temperatura ideal de servizo é de 16 a 19º.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información