A DO Monterrei acada a súa mellor vendima con 5,59 millóns de quilos de uva

O Consello Regulador desta denominación asegura que é a maior colleita histórica e supera case nun millón de quilos as cifras de 2015 que fora a máis éxitosa ata o momento

A DO Monterrei acada a súa mellor vendima con 5,59 millóns de quilos de uva

A Denominación de Orixe Monterrei acadou a súa maior colleita histórica con 5.591.823 quilos de uva recollidos  nas 566 hectáreas de viñedos que se extenden nos municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. “Os resultados son excelentes tanto en termos cualitativos como cuantitativos”, destaca a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva.

Nesta tempada acadaron o máximo histórico da denominación superando en case un millón de quilos a campaña do 2015 que, ata o de agora, fora a máis exitosa. Naquela campaña acadaranse os 4.730.522,7 quilos de uva colleitadas. Así, este ano incrementouse nun 17% a produción con respecto as mellores cifras rexistradas pola denominación ata o momento.

Por variedades vendimadas, de uva branca recolléronse 3.782.382,70 quilos mentres que de uva tinta foron 1.940.047,40 quilos. Ademais, nesta tempada “o estado fitosanitario de uva foi excelente, acompañado dunhas moi boas condicións meteorolóxicas para a campaña da vendima, sen chuvias, o que permitiu que se puideran recoller as uvas de xeito gradual, conforme estas ían conseguindo o seu punto óptimo de maduración ”, recorda Da Silva.

Máis dun mes de vendima

A campaña da vendima comezou este ano o pasado 15 de setembro. Nesta ocasión foi a adega José Luis Mateo García (Quinta da Muradella) a que comezou os traballos de recollida da uva. A campaña deuse por finalizada o pasado venres 19 de outubro e foi a adega Crego e Monaguillo a última, das 26 adegas que forman parte da DO, en pechar o período de recolección da uva. “Esta campaña foi, trala de 2017, una das máis longas da historia da denominación”, recoñece a presidenta.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información