Master Class e túnel do viño da DO Monterrei en Santiago

Publicidade
Master Class e túnel do viño da DO Monterrei en Santiago

Este martes, a Denominación de Orixe Monterrei organiza un Túnel do Viño e unha Master class en Santiago, na Bodeguilla de San Lázaro. Esta acción está dirixida a profesionais da restauración e hostalaría, catadores, profesores e alumnos de hostalaría, e medios de comunicación. A primeira actividade, de 19.30 a 20.30 h., será a Master Class, na que se presentará a historia e tradición vitivinícola do territorio, características do solo e clima, tipoloxías de viño ou variedades de uva.

A continuación desenvolverase un túnel do viño, que se prolongará entre as 20.30 e 22.30 horas, e permitirá aos asistentes degustar os brancos e tintos que se elaboran na denominación, da man das adegas que formarán parte desta iniciativa: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara), Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luís Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Concepción Paradela Martínez (Abeledos), Castro de Lobarzán, Pazo das Tapias e Triay Adegas, de Oímbra.

A actividade é gratuíta, pero para participar no Túnel de Viño do D.O. Monterrei en Santiago de Compostela será necesario confirmar asistencia no teléfono 981-566.607 ou correo electrónico bodeguilladesanlazaro@gmail.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información