Mara Martín 2016, da D.O. Monterrei, elixido mellor viño novo de España

Publicidade
Mara Martín 2016, da D.O. Monterrei, elixido mellor viño novo de España

Foto: Vanitatis/El Confidencial

O viño godello Mara Martín 2016, pertencente á Denominación de Orixe Monterrei, logrou a máxima puntuación no Concurso Nacional de Vinos Jóvenes  organizado pola Unión Española de Catadores e que se celebrou recentemente en Madrid.

Este godello de Monterrei, e elaborado pola adega Martín Códax, alzouse co galardón Gran Baco de Ouro Premio Luís Hidalgo entre 559 etiquetas procedentes de 62 selos de calidade de todo o país. As mesmas foron avaliadas, en cata a cegas, por un panel composto por 55 catadores integrantes da Unión Española de Catadores, entre os que se atopaban os catadores Javier Gila e Custodio López-Zamarra, os xornalistas Bartolomé Sánchez e Salvador Manjón, ou enólogos Jorge Navascués e Ignacio de Miguel.

Os viños galegos triunfan nos premios da Unión Española de Catadores

Os viños galegos foron os grandes triunfadores desta edición dos Premios Baco. Así, ademais de Mara Martin alzáronse cos Grandes Bacos de Ouro:

-Desconcierto 2016 Cambados Urban Winery SL DO Rias Baixas Branco xoven Albariño. Tamén logrou o Baco de Ouro Mellor Nova Marca.

-Pé de Perdiz 2016 Pé de Perdiz DO Ribeiro Branco xoven Treixadura / Albariño / Loureiro.

En canto aos Bacos de Ouro, foron distinguidos os seguintes viños galegos:

-Albariño Condes de Albarei 2016 Adega Condes de Albarei S.A.U. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-Canción de Elisa 2016 Adega Dona Elisa S.L. DO Ribeiro Branco xoven Treixadura / Albariño / Godello.

-Gran Novas 2016 Aldea de Abaixo S.A.T. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-Sameirás 2016 Antonio Cajide Gulin. DO Ribeiro Branco xoven Treixadura / Albariño.

-Aravo 2016 Beira Aral S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-Beade Primacía 2016 Adega A Portela SAT DO Ribeiro Branco xoven Treixadura.

-Finca Viñoa 2016 Adega e Viñedos Pazo de Casanova S.L. DO Ribeiro Branco xoven. Treixadura / Godello / Varias.

-Guitián Novo 2016 Adegas A Tapada S.A.T. DO Valdeorras Branco xoven Godello.

-Bernon 2016 Adegas Aquitania S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-Finca de Arentei 2016 Adegas A Val S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-Abadía de San Campio 2016 Adegas Terras Gauda S.A. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-Albariño Bouza do Rei 2016 Bouza do Rei S.A.T. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-D’Berna Mencía 2016 Guitian e Branco S.C. DO Valdeorras Tinto xoven Mencia.

-Tollodouro 2016 HGA Adegas e Viñedos de Altura S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño / Loureiro / Varias.

-Regina Viarum Mencía 2016 HGA Adegas e Viñedos de Altura S.L. DO Ribeira Sacra Tinto xoven Mencia.

-Pazo de Seoane Rosal 2016 Lagar de Fornelos S.A. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño / Loureiro / Varias.

-Alter 2016 Priorado de Razamonde S.L. DO Ribeiro Branco xoven Treixadura / Godello / Loureiro.

-Turonia 2016 Quinta Couselo S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

Bacos de prata:

-D. Pedro de Soutomaior, macerado en neve carbónica 2016. Adegas Galegas S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-Valmiñor 2016 Adegas Valmiñor S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-Casal do Río 2016 Adegas Campante S.A. DO Ribeiro Branco xoven Palomino Fino.

-Davide Dúo 2016 Enoturismo Acha SL DO Rias Baixas Branco xoven Albariño / Godello.

-Kentia 2016 Lagar da Condesa S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

-O Luar do Sil Godello 2016 Pago de los Capellanes S.A. DO Valdeorras Branco xoven Godello.

-Viñaredo 2016 Santa Marta S.A.T. DO Valdeorras Branco xoven Godello.

-Liñar de Vides 2016 Señorío de Rubiós S.L. DO Rias Baixas Branco xoven Albariño.

Consulta aquí as Medallas dos Premios Baco Colleita 2016.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información