Lista dos 60 mellores viños de Rías Baixas para a Cata das Anadas

Publicidade
Lista dos 60 mellores viños de Rías Baixas para a Cata das Anadas

Adegas gañadoras da Gran Colleita de Ouro

A Denominación de Orixe Rías Baixas entregou este venres pola tarde os diplomas da sétima edición da súa Cata das Anadas. Esta cita desenvolveuse o mércores no Hotel Vlila Real de Madrid e contou coa colaboración da Unión Española de Catadores. Un total de 60 marcas pertencentes a 33 adegas recibiron os distintos recoñecementos.

Máis concretamente, 7 viños foron distinguidos co diploma de Gran Colleita de Ouro (ao conseguir unha puntuación superior a 92); 40 obtiveron o Colleita de Ouro (con entre 85 e 92 puntos) e 13 levaron o Colleita de Prata (entre 82 e 85 puntos).

O acto, celebrado na contorna do Castelo de Soutomaior, foi presentado pola xornalista galega Irene Lourido. Contou coa participación do presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo; o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois; o deputado provincial Javier Dios e o xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo Iglesias.

RELACIÓN DE DISTINCIÓNS DA VII CATA DAS ANADAS DE RÍAS BAIXAS: 

Gran Colleita de Ouro. Puntuacións superiores a 92 puntos

ADEGA

MARCA

COLLEITA

ADEGAS CASTROBREY SIN PALABRAS

2012

BODEGAS LA VAL S.L. LA VAL SOBRE LÍAS

2011

BODEGAS MARTÍN CODAX S.A.U. MARTÍN CODAX

2012

BOUZA DO REI S.A.T.

BOUZA DO REI

2010

COOPERATIVA VITIVINICOLA AROUSANA S.C.G. PACO & LOLA VINTAGE

2012

MAIOR DE MENDOZA S.L. MAIOR DE MENDOZA LIAS

2016

SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L. SEÑORÍO DE RUBIOS CONDADO

2010

Colleita de Ouro. Valorados entre 85 e 92 puntos 

ColleitasOuro

ADEGA

MARCA

COLLEITA

ABADÍA DE TORTOREOS S.L. ABADÍA DE TORTOREOS BARRICA

2015

ADEGA CONDES DE ALBAREI S.A.U. CONDES DE ALBAREI

2014

ADEGA CONDES DE ALBAREI S.A.U. CARBALLO GALEGO

2016

ADEGAS AROUSA DE BEBIDAS S.L. PAZO DA BOUCIÑA “ARTE”

2016

ADEGAS CASTROBREY NICE TO MEET YOU

2013

ADEGAS CASTROBREY SIN PALABRAS

2010

ADEGAS VALMIÑOR S.L. DAVILA M-100

2009

ALDEA DE ABAIXO S.A.T. SEÑORÍO DA TORRE LÍAS

2014

ALDEA DE ABAIXO S.A.T. SEÑORÍO DA TORRE LIAS

2016

BODEGA VIÑA NORA NORA DA NEVE

2007

BODEGA VIÑA NORA NORA DA NEVE

2014

BODEGAS ALBAMAR S.L.N.E. ALBAMAR

2014

BODEGAS ALBAMAR S.L.N.E. ALBAMAR

2015

BODEGAS ALBAMAR S.L.N.E. ALBAMAR EDICIÓN ESPECIAL

2016

BODEGAS DEL PALACIO DE FEFIÑANES S.L. ALBARIÑO DE FEFIÑANES III AÑO

2013

BODEGAS DEL PALACIO DE FEFIÑANES S.L. 1583 ALBARIÑO DE FEFIÑANES

2011

BODEGAS EIDOSELA S.C.G. EIDOSELA ALBARIÑO

2016

BODEGAS SANTIAGO ROMA S.L. SANTIAGO ROMA SELECCIÓN

2015

BODEGAS SANTIAGO ROMA S.L. SANTIAGO ROMA SELECCIÓN

2016

BODEGAS Y VIÑEDOS DON OLEGARIO DON OLEGARIO

2007

CARBALLAL DE SANDE CDES

2016

CARLOS CASTRO SERANTES GRAN RIBAD

2015

COOPERATIVA VITIVINICOLA AROUSANA S.C.G. PACO & LOLA PRIME

2016

LAGAR DE BESADA S.L. BALADIÑA

2016

LAGAR DE FORNELOS S.A. LAGAR DE CERVERA

2012

LAGAR DE FORNELOS S.A. LAGAR DE CERVERA

2006

LAGAR DE FORNELOS S.A. LAGAR DE CERVERA

2011

MAIOR DE MENDOZA S.L. MAIOR DE MENDOZA 3 CRIANZAS

2012

MAIOR DE MENDOZA S.L. MAIOR DE MENDOZA 3 CRIANZAS

2015

RICARDO ABAL PADÍN DON RICARDO

2015

SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L. MANUEL D’AMARO ALBARIÑO LIAS

2016

SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L. SEÑORÍO DE RUBIOS ALBARIÑO

2015

SOLAGRA S.A. CASA DO SOL

2016

SOLAGRA S.A. CASA DO SOL

2015

SOLAGRA S.A. CASA DO SOL

2014

VIÑA BLANCA DEL SALNÉS S.A. VIÑA BLANCA DEL SALNES

2016

VIÑA BLANCA DEL SALNÉS S.A. VIÑA BLANCA DEL SALNES

2010

VIÑA CARTIN S.L. TERRAS DE LANTAÑO

2015

VIÑA MORAIMA SOC. COOP. GAL. MORAIMA

2015

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS S.L.U. DON PEDRO DE SOUTOMAIOR

2015


Colleita de Prata. Valorados entre 82 e 85 puntos

ColleitasPrata

ADEGA

MARCA

COLLEITA

ADEGA CONDES DE ALBAREI S.A.U. ENXEBRE

2015

ADEGA DOS EIDOS S.L. CONTRAAPAREDE

2015

ADEGAS MORGADIO S.L. CELLARIUM

2016

ADEGAS TERRA DE ASOREI S.L. TERRA DE ASOREI SELECCIÓN PRIVADA

2016

ADEGAS VALMIÑOR S.L. VALMIÑOR

2013

ATTIS BODEGA Y VIÑEDOS S.L. ATTIS EMBAIXADOR

2015

ATTIS BODEGA Y VIÑEDOS S.L. ATTIS EMBAIXADOR

2013

BODEGA VIÑA NORA NORA DA NEVE

2015

BODEGAS DEL PALACIO DE FEFIÑANES S.L. ALBARIÑO DE FEFIÑANES

2016

BODEGAS LA VAL S.L. LA VAL FERMENTADO EN BARRICA

2015

BODEGAS MARTÍN CODAX S.A.U. MARTÍN CODAX

2014

CARBALLAL DE SANDE CDES

2014

VIÑAS E ADEGAS GALEGAS S.L.U. DON PEDRO DE SOUTOMAIOR

2016

Na súa intervención, Juan Gil de Araujo felicitou a todas as adegas recoñecidas e destacou “os magníficos resultados” da VII Cata das Anadas. “Se é certo que en cada anada había marcas que destacaban pola súa gran calidade, sorprende quizá que as anadas que mostraron mellor comportamento, que mellores sensacións presentaron, foron as máis vellas”, asegurou. “Unha circunstancia que corrobora “non só o rigoroso traballo de elaboración que realizan as adegas da denominación, senón tamén a excelente materia prima que posuímos en Rías Baixas. Esas variedades autóctonas que consenten con esmero os nosos viticultores”, engadiu.

Realizando un balance dos últimos anos, o presidente do Consello Regulador lembrou a “valentía e afouteza” por parte do conxunto desta Denominación de Orixe á hora de apostar, hai xa 14 anos, pola Cata das Anadas, “un reto cheo de incógnitas e de riscos, porque era algo que ninguén fixera”. Co desenvolvemento deste proxecto conseguiuse “que hoxe o mercado entenda que non só non pasa nada por beber os nosos viños máis aló do nadal seguinte, senón que é a partir de aí, precisamente, cando moitos deles alcanzan o seu punto óptimo de consumo”, concretou Juan Gil de Araujo. O presidente reiterou o seu agradecemento ás adegas por apoiar este tipo de iniciativas que buscan pór en valor o potencial dos viños de Rías Baixas.

A Cata das Anadas ten carácter bienal e o seu obxectivo é demostrar as posibilidades de garda dos viños da denominación, así como o potencial enolóxico das variedades amparadas por Rías Baixas. Na presente edición, os catadores valoraron 75 referencias de 36 adegas. Máis concretamente, vinte mostras de 2016 e outras tantas de 2015; oito de 2014; seis de 2013 e seis de 2012; tres de 2011; cinco de 2010; unha de 2009; tres de 2007 e outro tres de 2006.

Un xurado de 27 expertos

O xurado estivo composto por 27 expertos -9 integrantes do panel de cata interno do Consello Regulador e 18 profesionais externos (xornalistas, catadores…)-. Todos eles coincidiron á hora de loubar a altísima calidade das mostras presentadas, á vez que ratificaron a excelente capacidade de envellecemento dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Ademais da propia cata, a xornada en Madrid complementouse cun Túnel das Anadas, celebrado por terceira vez consecutiva no Hotel Vlila Real, o mércores pola tarde. Máis de 250 prescriptores do sector madrileño tiveron a oportunidade de degustar as 75 marcas presentadas a este certame.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información