Lista de beneficiarios das axudas da Xunta para reimplantación e reconversión de viñedos

Publicidade
Lista de beneficiarios das axudas da Xunta para reimplantación e reconversión de viñedos

Plantación de viñedo na DO. Valdeorras

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a relación de beneficiarios das axudas que convoca a Consellería do Medio Rural aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. En total son 59 viticultores os que recibirán preto de 670.000 euros para desenvolver accións que permitan reordenar e mellorar a produción vinícola galega.

A superficie de viñedo na que se vai actuar grazas a estas subvencións é de 73,33 hectáreas. Por provincias, unha vez máis, a maior parte corresponde a Ourense, con 42 beneficiarios e 36,3 hectáreas. Séguelle Pontevedra, con 32,2 hectáreas e 14 perceptores. Na Coruña rexístranse 4,9 hectáreas e 3 expedientes aprobados e en Lugo, desta vez, non houbo beneficiarios. Por zonas vitícolas, o maior número de beneficiarios corresponde á denominación de orixe Valdeorras (24), seguida de Rías Baixas (17), Monterrei (9), Ribeiro (8) e Ribeira Sacra (1).

Os principais obxectivos destas axudas son levar a cabo reaxustes estruturais que fagan diminuír os sobrecustos de produción das explotacións vitícolas de Galicia, onde predomina o minifundio.

Ademais, conséguese a mellora das técnicas de xestión das viñas e reconversións varietais para optimizar a súa orientación ao mercado, adaptando as producións á demanda, á vez que se preservan as variedades viníferas autóctonas de Galicia.

Solicitudes aprobadas das axudas aos plans de reestruturación e reconversión
da viña en Galicia da convocatoria de 2018: 

viñedo_aprobadas19

****Anticipo: polo máximo do 50 % do total da axuda aprobada cando constitúan unha garantía por un importe do 110 % da cantidade que se vai aboar no anticipo.

Solicitudes denegadas das axudas aos plans de reestruturación e reconversión
da viña en Galicia da convocatoria de 2018:

viñedo_denegadas19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información