Lagar do Vento Peizas e Viña Garoña premiados como mellores viños de Ribeira Sacra

Lagar do Vento Peizas e Viña Garoña premiados como mellores viños de Ribeira Sacra

Foto de los premiados

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra organizou a XXIVª edición da Cata dos Viños de Ribeira Sacra en Monforte de Lemos. O xoves, día 5, tivo lugar a pre-cata ou cata de selección no Parador de Monforte de Lemos e, este venres día 6 celebrouse a cata final.

Participaron no concurso un total de 63 mostras nas 3 categorías diferentes, 37 na categoría de viños tintos, 13 na de brancos e 13 na categoría doutras anadas.

Os viños premiados foron os seguintes:

VIÑOS TINTOS:
1º Premio: Lagar do Vento Peizas da adega Roberto Regal
2º Premio: Viña Peón da adega Ernesto Rodríguez Pérez
3º Premio: Viña Frieira da adega Carlos Fernández Rodríguez

VIÑOS BRANCOS:

1º Premio: Viña Garoña de Adegas e Viñedos Viña Garoña SL.
2º Premio: As Glorias da adega Amedo S. L.
3º Premio: Almalarga da adega Alma das Donas S.L.

OUTRAS ANADAS:

Don Bernardino, 4ª Xeración Mencía Barrica 2015 da adega Don Bernardino

Estas mostras foron valoradas durante dous días por doce catadores profesionais ligados ao mundo da vitivinicultura entre os que se atopan enólogos, catadores e xornalistas especializados. O panel de cata nesta XXVIª edición, un dos máis internacionais ata o momento, estivo formado por: Ignacio Orriols Fernández, Antía Arance Fernández, Constantino Iglesias Fernández, Mercedes González Rodríguez, María Isabel Mijares e García de Pelayo, Yves Robert Verine, Estrela Gabriel, Bruno Kammerer, Irene Guede, Arbonies Chegui, José Luís González González, Manuel Antonio Magalhaes  e D. Walter Vebber.

As impresións dos catadores non se fixeron esperar:

“Europa está representada no panel de cata de Ribeira Sacra. É o panel de cata máis internacional no que eu participei” Isabel Mijares

“Son viños que se poden apreciar desde o punto de vista dun profesional, dun catador, pero creo tamén que son viños que unha persoa da rúa pode entender perfectamente e pode gozar. Isto é algo moi positivo”. Irene Guede.

“Desde hai dous anos atopei nesta cata un nivel do viño moi alto. Viños brancos moi bos, frescos que non esperaría en España e, sobre todo, tintos moi afrutados, estruturados, que dan a sensación a quen a proba da riqueza e do traballo que hai na viña da Ribeira Sacra”, Walter Vebber.

Os premios, que son pezas exclusivas realizadas para a ocasión pola olaría do Centro Oleiro Reitoral de Gundivós de Sober, foron entregados hoxe venres, día 6, en Parador de Monforte de Lemos nun acto ao que asistiron adegueiros, vogais do Consello Regulador e persoal laboral do mesmo, así como representantes da Administración Autonómica e Local.

O acto deu paso, xa ás 18:30 á Inauguración do Festival do Viño dá Ribeira Sacra 2018 que se celebrará durante todo o fin de Semana no Paseo do Malecón de Monforte de Lemos. Ao acto protocolario acudiron representantes do Consello Regulador, adegueiros e membros das institucións públicas. No acto tomaron a palabra o Presidente do Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra, D. José Manuel Rodríguez e o alcalde de Monforte, D. José Tomé.

D. José Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador, que convidou a gozar neste fin de semana da terra, o viño e a gastronomía pois, tal e como destacou,  “unha botella de viño nunha mesa é a gran vendedora dun territorio”.

D. José Tomé Alcalde de Monforte destacou que “este evento pretende ser a unión de toda unha zona como é a Ribeira Sacra. O obxectivo deste festival é seguir medrando e que se converta nun referente a nivel nacional e mundial”.

Os portugueses Son do Douro puxeron a nota musical á inauguración.

A inauguración do festival deu paso á apertura das casetas instaladas no Malecón, que coa baixada paulatina do sol e a menor sensación de bochorno aumentaba a afluencia de público que se anima a degustar os viños das 25 adegas participantes.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información