Impresións positivas na D.O. Valdeorras de cara a obter a acreditación ENAC este ano

Impresións positivas na D.O. Valdeorras de cara a obter a acreditación ENAC este ano

José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador da DO. Valdeorras

Un equipo de traballo da Entidade Nacional de Certificación (ENAC) levou a cabo nesta semana unha auditoría na D.O. Valdeorras cuxos resultados se coñecerán nos vindeiros meses.

Cun informe positivo, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras sumaríase ao grupo de entidades acreditadas segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17065, “o que nos posibilitará certificar os nosos viños, refozar a marca Valdeorras e abrir novos mercados para os nosos brancos e tintos”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.

Segundo engade García Pando, o equipo de ENAC detectou unha notable mellora en relación á primeira auditoría do organismo na comarca, efectuada en 2014. “O equipo auditor trasladounos unha impresión positiva, de mellora e de que estamos a transitar pola senda correcta para a obtención da acreditación ENAC”, abondou.

Nunha entrevista concedida a Campo Galego o pasado setembro, o presidente do Consello Regulador xa anunciou que “un gran reto é lograr a acreditación de ENAC, que quedou pendente do anterior mandato e é imprescindible que a consigamos”. “Faremos todo o posible para que nos acrediten segundo esa norma de calidade e podamos ter así unha seguridade xurídica”, subliñou.

A acreditación é unha esixencia da OCM comunitaria para todos os órganos de control de calidade dos consellos reguladores. Por iso, as dúas auditoras de ENAC cotexaron entre o mércores e este venres o cumprimento de diversos parámetros necesarios para a obtención da certificación, entre eles as cantidades de uva e viño producidos ou o desenvolvemento de determinados procedementos de control da actividade vitivinícola na comarca.

Sobre ENAC

ENAC é una organización declarada de utilidade pública, independente e sen ánimo de lucro, auspiciada e tutelada pola Administración, que desenvolve a súa misión cunha clara vocación de servizo público, garantindo que todas as súas actuacións se basean en principios de imparcialidade, independencia e
transparencia.

A súa misión é avalar a competencia técnica dos organismos de avaliación da conformidade -laboratorios, entidades de inspección, de certificación, verificadores- para xerar así confianza das súas actividades á Administración, ao mercado e a sociedade en xeral.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información