Estes días estanse a realizar as primeiras vendimas en Galicia, sobre todo nas comarcas con climas máis de influencia mediterránea, como na Denominación de Orixe Valdeorras.
Precisamente as primeiras adegas en vendimar a finais de agosto foron Santa Marta SAT e María Teresa Núñez Vega, da Denominación de Orixe Valdeorras, e outra da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Adega Damm.
Pero ao longo da semana pasada fóronse sumando outras como Ruchel, Terriña, O Casal ou Godeval, todas elas na DO Valdeorras, e algunha máis da zona do Bibei, como Daterra Viticultores.
Sen embargo, será a partir desta semana cando se xeneralice a vendima nas cinco Denominacións de Orixe Galegas, nunha campaña que se prevé moi boa tanto en cantidade como en calidade da uva.
Velaquí unha escolma das adegas máis madrugadoras en realizar a vendima:
Vendima en Adega Terriña, na DO Valdeorras
Vendima na subzona do Bibei, en Daterra Viticultores
Vendima na subzona do Bibei, en Daterra Viticultores
Vendima na adega O Casal, na DO Valdeorras
Vendima en Adega Ruchel, na DO Valdeorras
En Adegas Galegas elaborando o Pedro Madruga, un viño que comeza coa maceración da uva durante 12 horas a -4ºC con neeve carbónica.