A historia do viño en Galicia cóntase esta semana no Ribeiro

Publicidade
A historia do viño en Galicia cóntase esta semana no Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano chega á súa 55ª edición, presenta as conferencias científicas e relatorios cos que se pretende poñer en valor o legado histórico do viño do Ribeiro tanto en Galicia como a nivel internacional. Terán lugar a semana previa á Feira do Viño do Ribeiro en diferentes puntos singulares e importantes na historia vitivinícola do Ribeiro e de Galicia.

Estes relatorios, enmarcados dentro da Feira do Viño do Ribeiro, coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico de Ribadavia, teñen como fin dar a coñecer o mundo da viña e do viño en Galicia ao longo dos tempos.

Velaquí o programa:

LUNS DIA 29 DE ABRIL:

– Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia. “Cando o viño canta nas fontes de Clio”. Pablo Sánchez Ferro. Director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
19:00h. RELATORIO
20:00 – 20:15 h Preguntas ao ponente.
20:30 – 21:30 h Visita ao conxunto histórico de Ribadavia “As chaves do viño”

-MARTES DÍA 30 DE ABRIL:

– Lugar: Centro de F.P. IES do Ribeiro – San Paio – Ribadavia
“O viño e o Camiño de Santiago”.
Francisco Singul Lorenzo. Doutor en Historia da Arte. Xefe da Área de Cultura Xacobea.
19:00h. RELATORIO
20:00-20:15 h Preguntas ao ponente
20:15 – 20:30 h Visita á lugar da Casa da Coenga – Granxa do Cabido da catedral de Santiago de Compostela.

MÉRCORES DÍA 1 DE MAIO:

– Lugar: Mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia – Leiro.
“Viño tinto ou viño branco. As entradas de viño nas granxas monacais”.
Isolina Rionegro Fariña. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela
19:00h. RELATORIO
20:00-20:15 h Preguntas á ponente
20:15 – 20:45 h Visita ao mosteiro de San Clodio.

XOVES DÍA 2 DE MAIO:

– Lugar: Pazos Hermos – Cenlle. Casa de Turismo Rural.
“Lagares de pedra. Tradición vitivinícola en Galicia”. Manuel García Valdeiras. Arqueologo. Servizo Xeral de Patrimonio. Xerente de Anthropos Arqueoloxía.
19:00h. RELATORIO
20:00-20:15 h Preguntas á ponente
20:15 – 20:45 h Visita ao lagar de Peitieiros-Cima de Aldea

Inscrición: Na Oficina de Turismo de Ribadavia. tfno. 988471275 – [email protected]
Prazas limitadas: 30 pax (por orde de inscrición)
Prezo: de balde

Relatorios_feira viño ribeiro_2019

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información