García Pando, elixido presidente do Consello Regulador de Valdeorras

En Rías Baixas, reelixiuse a Juan Gil de Araújo para continuar ó fronte da denominación

Publicidade
García Pando, elixido presidente do Consello Regulador de Valdeorras

Pleno de constitución do consello regulador de Valdeorras.

A constitución dos 21 consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas que tiveron eleccións este mes culminou hoxe coa sesión constituínte dos dous plenos que quedaban por conformarse, os das denominacións de orixe Valdeorras e Rías Baixas.

En Valdeorras, o novo pleno do consello elixiu a José Luis García Pando como presidente do organismo. García Pando xa ocupara a presidencia do organismo entre o 2006 e o 2015. O pleno nomeou ademais a Marcos Prado (adega Melillas e Fillos sl), vogal do sector industrial, como vicepresidente primeiro. Antonio García, vogal do sector produtor, será o vicepresidente segundo, en tanto Manuel Fernández, do sector cooperativo, será o vicepresidente terceiro.

Juan Gil. / Imaxe do CRDO Rías Baixas. Autor: Xurxo Lobato.

Juan Gil. / Imaxe do CRDO Rías Baixas. Autor: Xurxo Lobato.

Rías Baixas
En Rías Baixas, na sesión constitutiva do novo Consello Regulador, reelixiuse por catro anos máis como presidente a Juan Gil de Araújo. Como vicepresidente, estará o representante dos viticultores Julio Reboredo Froiz.

Os 22 vogais que tomaron posesión en Rías Baixas son os seguintes:

• Dña. Belén Mª do Campo Piñeiro (Presidente).
• Agromiño, S.L. (D. Antonio Álvarez Suárez).
• Bodegas La Val, S.L. (D. Fernando Bandeira García).
• Bodegas Tollodouro, S.A. (D. José Antonio Torres).
• Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G. (D. Carlos Carrión Álvarez).
• Adegas Condes de Albarei, S.A.U. (D. Xavier Zas García).
• Bodegas Martín Códax, S.A.U. (D. Juan Vázquez Gancedo).
• Adegas Valmiñor, S.L. (D. Carlos Gómez Dávila).
• Pazo de Señoráns, S.L. (Dña. Victoria Mareque Bueno).
• Bodegas Señorío de Rubiós, S.L. (D. Antonio Méndez Rodríguez).
• D. Manuel Carrera González.
• Blanco Chaves y Abuelo, S.L. (D. Julio Reboredo Froiz).
• Agro de Bazán, S.A. (D. Jesús Álvarez Otero).
• Bodegas Terras Gauda, S.A. (D. Antón Fonseca).
• Viña Cartín, S.L. (D. César Méndez Padín).
• Bodegas Chaves, S.L. (D. José Chavés).
• Adega Vieites, S.L. (D. Manuel A. Dopazo).
• Dña. Mª Ángeles Vicente Manzano.
• D. Juan Carlos Suárez Penas.
• D. Juan José Maquieira Cacabelos.
• TELENAVAL, S.L. (D. Fernando Crusat Méndez)
• Adega Moraima. S.C.G. (Dña. María Salomé Cancela Romero).
• D. José Manuel Fernández Castro (Vocal Delegado de la Xunta).
• D. Antonio Crespo (Vocal Delegado de la Xunta).
• D. Enrique Pantín Álvarez (Asesor Jurídico).
• D. Alberto Sanmartín Lorenzo (Asesor Jurídico).
• D. Ramón Huidobro Vega (Secretario General y Secretario del Pleno).

Non tomou posesión da súa acta o representante da adega Gerardo Méndez sl por estar ausente, pero é vogal electo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información