Galicia, País Vasco e A Rioxa, as únicas comunidades nas que aumenta a superficie de viñedo

Publicidade

OEMV_SUPERFICIE_VIÑEDO_1Galicia, País Vasco e A Rioxa foron as únicas comunidades nas que aumentan as plantacións de viñedo no período comprendido entre 2007 e 2017. Así se desprende do informe elaborado polo Observatorio Español do Mercado do Viño ( OeMv) con motivo do seu décimo aniversario.

A superficie de viñedo en España, que conta coa maior extensión vitíciola mundial e é un dos tres grandes produtores mundiais de viño, reducíndose paulatinamente desde hai anos. “Na última década, diminuímos a superficie en máis de 195.000 hectáreas ata situarnos nas 953.607, o que implica un descenso do 17%”, conclúen os expertos do OeMv.

Por Comunidades, o groso da diminución de superficie produciuse en Castela-A Mancha (-107.000 ha), aínda que proporcionalmente a caída foi mesmo superior na Comunidade Valenciana (-23%), Aragón (-22,6%), Andalucía (-26%) e Madrid (-21%) e, sobre todo nas Comunidades de Murcia, Navarra, Canarias e Asturias, onde as caídas superan o 30%.

Nos últimos 10 anos, só aumentou a superficie plantada de viñedo na Rioxa (+7%), Galicia (+2,3%) e País Vasco (+11%).

Coas variacións destes anos, Castela-A Mancha queda lixeiramente por baixo da metade da superficie total de viñedo española, sumando Estremadura, Castela e León e a Comunidade Valenciana outro 21,8%.

OEMV_SUPERFICIE_VIÑEDO_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información