Finaliza a vendima na Ribeira Sacra con 6,19 millóns de kilos de uva e de calidade “moi boa”

Publicidade
Finaliza a vendima na Ribeira Sacra con 6,19 millóns de kilos de uva e de calidade “moi boa”

Ribeira Sacra

Despois de 50 días de intensa actividade nos viñedos e adegas, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra deu este venres por finalizada a vendima cun total de 6,19 millóns de quilos de uva recolleitos, 1,4 máis que o pasado ano, e un bo estado sanitario que augura “unha colleita de moi boa calidade”.

O pasado 28 de agosto comezaba a vendima en Ribeira Sacra para aquelas adegas que polas características e localización dos seus viñedos facían que a uva cumprise os parámetros esixidos polo Consello Regulador. O día 15 de setembro era a data oficial recomendada para o inicio da vendima.

Durante os días que durou a vendima as condicións meteorolóxicas foron moi favorables, xa que as choivas foron escasas e puntuais e o bo tempo predominou durante toda a campaña de recollida. “A uva entrou nas adegas nun estado sanitario bo polo que se prevé que a colleita sexa de moi boa calidade”, destacan desde o Consello Regulador.

A Mencía é a variedade hexemónica en tintos e o Godello en brancos

A cantidade total de quilos recolleitos nesta campaña polas 95 adegas inscritas no Consello Regulador é de 6.194.780, o que supón 1,4 millóns máis de quilos que na campaña anterior na que se recolleron 4.773.674 millóns. En liñas xerais cumpríronse as previsións coa que contaba o Consello Regulador ao comezo da campaña.

As tarefas de control de calidade e orixe durante a vendima nos viñedos e adegas da denominación de orixe, levouse a cabo polo persoal técnico do Consello Regulador, que ademais contou co reforzo de 13 técnicos veedores contratados especialmente para a época de vendima.

A cantidade de quilos diferenciada por variedades é:   

Mencía:  5.235.869
Brancellao:  41.216
Merenzao:  52.996
Caiño:  6.743
Garnacha:  332.250
Mouratón:  7.195
Sousón:  47.339
Tempranillo:  88.062

Total Variedades Tintas:  5.811.670 kgs.

Albariño:  66.891
Doa Branca:  7.023
Godello:  265.381
Loureira:  1.139
Torrontés:  3.198
Treixadura:  39.478

Total Variedades Brancas:  383.110 kgs.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información