Fin de semana para disfrutar en Quiroga dos viños da Ribeira Sacra

Publicidade
Fin de semana para disfrutar en Quiroga dos viños da Ribeira Sacra

O concello lucense de Quiroga celebra este fin de semana a súa tradicional Feira do Viño, que este ano chega á súa edición número 37.

Xa mañá venres comezarán a quentarse os motores para a cita da fin de semana coa XV Carreira Popular Feira do Viño, na que centos de participantes percorrerán as rúas da vila de Quiroga.

O sábado ás 11:45 terá lugar a inauguración oficial no recinto feiral coa asistencia da conselleira de Medio Ambiente, territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. A continuación celebrarase o encontro infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que desfilarán pola Rúa Real e actuarán na Praza de España.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, o grupo de gaitas Alecrín amenizará os postos da Feira do Viño, nos que adegas e colleiteiros darán a probar e venderán os seus viños. E ás 20:30 horas terá lugar a lectura oficial do pregón a cargo do actor Pablo Chiapella Cámara, que interpreta a Amador Riva na coñecida serie “La que se avecina”.

O domingo será o día grande da Feira do Viño de Quiroga coa entrega ás 12:45 horas dos trofeos aos colleiteiros do concello.

Consulta aquí o programa completo:

cartel-programa-vino-quiroga-2019_m9-708x1024

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información