Fin de semana para disfrutar dos viños da Ribeira Sacra en Chantada

Publicidade
Fin de semana para disfrutar dos viños da Ribeira Sacra en Chantada

O concello de Chantada celebra durante os días 6, 7 e 8 de marzo a 38 edición da Feira do Viño de Chantada, unha celebración na que se exaltarán os viños da Ribeira Sacra, presentando o viño novo da vendima 2019.

Velaquí o programa da Feira do Viño de Chantada:

🍇 Venres 6 de marzo

– 20h: apertura dos postos das adegas participantes.
– 23h: actuación da Orquesta SOLARA.

🍇 Sábado 7 de marzo

– 11h: actuación dos gaiteiros da Escola Tradicional de Música de Chantada, do grupo de zanfonas da Tradescola de Lugo e de Searas.
– 13h: concerto da Banda de Musica de Chantada.
– 17h: actuacións da charanga Unión Phenosa, Festicultores Cultivadores de Festas, Searas e Tradescola.
– De 17 a 19h, cata popular na carpa principal.
-21h. GRUPO GARIBALDI (ORQUESTA) e Orquesta Saudade.

🍇 Domingo 8 de marzo

– 10:30h: cata oficial da Feira do Viño.
– 11h: Grupo de gaitas “Os Barrios” de Chantada.
– 11:30h: Charanga NBA.
– 12:30h: concerto da Banda de Gaitas de Chantada.
– 12:45h: Lectura do manifesto do Día Internacional da Muller. Ao remate, actuación de Searas.
– 13h: lectura do pregón da XXXVIII Feira do Viño, a cargo de D. Ricardo González Fernández.
– 15h: Xantar oficial da Feira do Viño.
– 16h: Entrega de premios da Feria do Viño.
– 16h: na carpa estarán a Charanga NBA e a Charanga Ardores.
– 19h: Orquesta Esencia – Sitio Oficial.

Ademáis, durante os días da feira haberá:

– Obradoiros e ocioteca infantís con Velaísca na Casa Da Música De Chantada.
– Túnel do Viño con Vinosacra.es para profesionais do sector no Auditorio Municipal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información