espumoso_viño_faro_gabino_porto

Fin de semana para desfrutar dos viños espumosos galegos en Salvaterra

O concello pontevedrés de Salvaterra de Miño acolle o fin de semana do 1 e 2 decembro a quinta edición da Festa do Viño Espumoso, un produto cada vez más demandado no mercado e no que a Denominación de Orixe Rías Baixas ofrece viños moi diferenciados a partir de uvas autóctonas como o albariño, a loureira ou a treixadura.

O programa, organizado polo Concello de Salvaterra, inclúe dende catas e cursos de elaboración de viños espumosos, degustación e venda directa nos stands das adegas, actuacións musicais ou o nomeamento dos novos cofrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos.

Velaquí o programa completo do fin de semana:

ProgramaEspumoso2018_1 ProgramaEspumoso2018_2 CartelEspumoso2018 SALVATERRA