A Feira do Viño de Valdeorras celebrarase o 13 e 14 de xullo

Publicidade
A Feira do Viño de Valdeorras celebrarase o 13 e 14 de xullo

O Pleno do Consello Regulador aprobou este luns celebrar a XXII edición da Feira do Viño de Valdeorras na fin de semana do 13 e 14 de xullo. Como vén sendo habitual, o foro contará cunha axenda de actividades paralelas de carácter lúdico e festivo, que se definirá nas vindeiras semanas, co fin de axudar a atraer ata a comarca a numerosos visitantes.

José Luis García Pando puxo en valor a Feira coma “un dos escaparates máis sobresaíntes para os viños da zona” e resaltou que, edición tras edición, este foro “se consolida e gaña máis público”, razón pola que quixo animar “a todas as adegas a estar presentes con stand propio no recinto feiral de Viloira”.

Neste sentido, o horario de apertura das casetas, durante as dúas xornadas que dure a feira, será de 12,30 a 14,30 e de 19,00 a 23,00 horas.

Xunto a isto, un par de días antes de que dea comezo o foro, celebrarase nas instalacións do Consello Regulador a XX Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, cuxa entrega de premios suporá o colofón final á Feira do Viño.

Habilitación da aplicación mi.consejovaldeorras

Paralelamente, o Pleno do CRDO Valdeorras autorizou a habilitación dun software específico, a través dunha app deseñada ad hoc baixo a denominación mi.consejovaldeorras, para canalizar todos os fluxos de comunicación que se realicen entre o organismo e as adegas que o integran.

“Trátase dun xestor de contidos cun sistema de comunicacións via enderezo electrónico e un sistema de notificacións para iOS e Android”, afirmou García Pando que permitirá xerar “un espazo privado, seguro e encriptado, con certificación específica” e que posibilitará “achegar información en tempo real” para os seus usuarios. Esta app facilitará a experimentación dun “salto cualitativo” na comunicación entre os diferentes axentes que conforman o Consello Regulador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información