Éxito dos viños galegos no Concurso Mundial de Bruxelas

Éxito dos viños galegos no Concurso Mundial de Bruxelas

9150 viños de 46 países produtores competiron no Concurso Mundial de Bruxelas 2019 que se celebrou do 2 ao 5 de maio na localidade de Aigle (Suíza). O panel internacional de xuíces outorgou medallas de Prata, Ouro e Gran Ouro a viños de 43 países de todo o mundo.

Os viños de Galicia levaron este ano 26 medallas -10 de ouro e 16 de prata- neste prestixioso concurso internacional. En concreto, os viños premiados foron:

Medallas de Ouro:

-Amavida Treixadura 2018. Bodega Alanís SLU. Spain – Galicia. DO. Ribeiro

-Finca Viñoa 2017. Bodegas y Viñedos Pazo Casanova SL. Spain – Galicia . DO. Ribeiro

-Casal de Arman 2017. Casal de Armán SL . Spain – Galicia . DO. Ribeiro

-Ramón do Casar SL. Spain – Galicia . DO. Ribeiro

-Coleccion 68 Blanco 2018. Viña Costeira SCG. Spain – Galicia . DO. Ribeiro

-Paco & Lola Vintage 2012. Paco & Lola Adega e Viñedos. Spain – Galicia. DO. Rias Baixas

-La Trucha Blanco 2017. Notas Frutales Albariño Slu. Spain – Galicia. DO. Rias Baixas

-Veiga da Princesa 2018. Bodega Y Viñedos Veiga da Princesa SL. Spain – Galicia. DO. Rias Baixas

-Señorío da Vila Blanco 2017. Docampo SA. Spain – Galicia
DO. Ribeiro

-Priorato de Razamonde 2018. Priorato de Razamonde SL. Spain – Galicia. DO. Ribeiro

Medallas de prata:

-Alter 2018. Priorato de Razamonde SL. Spain – Galicia
DO. Ribeiro

-Lagar de Costa 2018. Lagar de Costa SL. Spain – Galicia
DO. Rias Baixas

-Paco & Lola Albariño 2018. Paco & Lola Adega e Viñedos. Spain – Galicia
DO. Rias Baixas

-Pazo Pegullal Albariño 2017. Granxa Pegullal SA. Spain – Galicia. D.O Rias Baixas

-Granbazán Etiqueta Ámbar 2017. Agro de Bazán SA. Spain – Galicia
DO. Rias Baixas

-Quinta de Couselo 2017. Quinta Couselo SL. Spain – Galicia. D. O Rias Baixas

-Joaquin Rebolledo Godello 2018. Bodega Joaquin Rebolledo SA. Spain – Galicia. DO. Valdeorras.

-Señorío de Rubiós Albariño 2017. Señorío de Rubiós SL. Spain – Galicia. DO. Rias Baixas.

-Señorio de Sobral 2018. Señorio de Sobral SL. Spain – Galicia. DO. Rias Baixas.

-Modus Vivendi Blanco 2018. Viña Costeira SCG. Spain – Galicia. DO. Ribeiro.

-Viñaredo Godello 2018. Santa Marta. Spain – Galicia . DO. Valdeorras

-Noelia Bebelia Albariño 2017. Adega San Salvador de Soutomaior SL. Spain – Galicia. DO. Rias Baixas

-Gran Novas 2017. Bodega Aldea de Abaixo Sat. Spain – Galicia. DO. Rias Baixas.

-Major de Mendoza 3 Crianzas 2015. Maior de Mendoza SL. Spain – Galicia. DO. Rias Baixas

-Pazo Tizon 2018. Pazo Tizon SLSpain – Galicia  DO. Ribeiro

-Pazo do Mar Blanco 2018. Adegas Pazo do Mar SLSpain – Galicia. DO. Ribeiro

Os países máis premiados

España lidera o camiño con 626 medallas, seguida por Francia con 614 galardóns e, sendo a Merlot a variedade máis premiada, co 32% das medallas francesas. As variedades de vide autóctonas de Italia axudaron a levantar aos viños deste país ao terceiro posto do medalleiro, con 383. Destaca tamén Portugal, que recolleu 365 medallas, mentres que Suíza recolleu 172 premios, cos viños de Chasselas á cabeza, seguidos de Pinot Noir, Merlot, Petite Arvine e Cornalin. Por primeira vez na historia do concurso, México entrou no top 10 polo número de medallas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información