Éxito dos viños do Ribeiro no Concurso Internacional Mundus Vini

O Certame Internacional Mundus Vini que se celebrou en Alemania premiou á D.O. Ribeiro cun total de nove premios, tres medallas de ouro e seis de prata.

Publicidade
Éxito dos viños do Ribeiro no Concurso Internacional Mundus Vini

O Certame Internacional Mundus Vini –springtasting- 2015, organizado pola Asociación Internacional de Enólogos e pola Organización Internacional de la Viña y el Vino (OIV), no mes de febreiro, fai públicos os gañadores desta 16ª edición, na que a D.O. Ribeiro recibe un total de nove premios, tres medallas de ouro e seis de prata.

A Academia Internacional del Vino Mundus Vini naceu no ano 2001 co obxectivo de achegar o viño en tódalas súas facetas tanto a consumidores como a profesionais, proporcionándolles á súa vez a correspondente orientación en materia de calidade. O xurado do concurso estivo formado por 145 membros, profesionais vidos de 24 países, estiveron na cata para valorar e premiar a máis de 4.500 referencias de viños de todo o mundo.

Relación de viños premiados no concurso Mundus Vini 2015:

Medallas de Ouro:
Cunqueiro III Milenium 2013 de Bodegas Cunqueiro.
Colección 68 de Costeira Treixadura 2013 de Viña Costeira.
Pazo Lodeiro 2013 de Julio Vázquez Quintela.

Medallas de Prata:
Alter Blanco 2013 de Viña da Cal
Eduardo Peña 2013 de Eduardo Rodríguez y Luz Cánovas
Ramón do Casar Treixadura 2013 de Adega Ramón do Casar
Sameirás 2013 de Antonio Cajide Gulín
Val de Souto blanco 2013 de Bodegas Val de Souto
Viña Farnadas 2013 de Pazo de Vieite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información