A Evega asesora a máis de 70 viticultores nos traballos de repoda das vides afectadas pola xeada

Publicidade
A Evega asesora a máis de 70 viticultores nos traballos de repoda das vides afectadas pola xeada

Técnicos da Evega asesorando aos viticultores nos traballos de repoda

Este luns achegáronse ata as instalacións da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) en Leiro (Ourense), máis de 70 viticultores e adegueiros co fin de asesorarse nos traballos de repoda levados a cabo nas vides do centro afectadas pola xeada.

Ao longo de toda a mañá, diversos técnicos resolveron as dúbidas plantexadas por estes profesionais afectados polas inclemencias do tempo de finais de abril, para levar a cabo uns correctos traballos de recuperación das viñas. Así, puideron observar in situ a repoda das cepas co obxectivo de tentar salvagardar a vindeira produción da pranta. Tamén se achegaron ata o centro os alumnos do ciclo formativo de grado medio de elaboración de aceites e viños, que imparte o instituto de educación secundaria O Ribeiro.

A Consellería do Medio Rural lembra que a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia está todo o ano á disposición dos profesionais do sector vitivinícola, dende viticultores e adegueiros pasando por enólogos, persoal técnico de empresas vitivinícolas, de consellos reguladores, de oficinas comarcais agrarias, persoal investigador e estudantes. A súa función é optimizar a produción vinícola a través da investigación e da experimentación, pasando polo asesoramento aos integrantes dun sector ten estratéxico para a economía de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información